3 de mayo de 2011

O ESPÍRITO DAS TRINCADEIRAS

Sandra González Alcaldesa de Tominho e Martin González, Presidente de Montes de Goián.
O ESPÍRITO DAS TRINCADEIRAS
O acto presentación do espíto das Trincadeiras realizouse no auditorio de Goian o día 1 de maio tendo como presentador a Suso Pando e dixo que as lembranzas forman parte dun patrimonio especial e poden superar ao patrimonio artístico, histórico, arquitectónico, fala do patrimonio emocional e do espíritu da solidariedade que seguen vivos nas mentes da cidadanía de Goian, xa que foron partícipes da unión, na luta e defensa dos intereses comúns como a defensa da terra, da natureza, das Trincadeiras.
Unha vez feita a presentación Tino Baz pon son e canta Ala la das Trincadeiras - Aquí- Na praza liberada
Suso e lembrou a tódolos presentes que os promotores e artífices do proxecto foron foron Gustavo e Uxío e gracias a eles esta historia da vencinhanza de Goian quedará sempre viva.

Uxío, concelleiro de Tominho di que esta historia é do noso Goian existe gracias ao compromiso colectivo en defensa das Trincadeiras. A idea xurdiu un domingo de primavera do ano 2009, pola tarde no centro Goianes xunto uns amigos. Carla Alonso fíxonos entrega dun paquete que continha unha carpeta con fotos feitas por Pancho Salmerón sobre aqueles acontecementos, unha carpeta con recortes de periódicos, e outra documentación, toda arquivada e coidada durante vinte anos con moito carinho. Uxío agradece a Carla Alonso a entrega deste material, por ter a confianza e por nas nosas mans to este legado que tinha prometido facía bastante tempo. Ese amor e carinho de Carla, que ten e garda na súa memoria, a seu pai Carlos Alonso que simboliza a luta, e unidade do pobo de Goian ao cal nos dedicamos este documental.

Unha vez analizado todo o material histórico, simbólico xunto con Gustavo González, chegamos a conclusión de facer un documental, para que este legado non fora esquecido e tinhanos a obriga de perseverar, difundilo, dalo a conhecer, para recuperar esta fermosa historia, e recoller a testimunha de algúns homes e mulleres que participaron directamente naqueles acontecementos e que seguen na súa memoria.

Puxémonos en contacto con Filmika Galaika para realizar este proxecto, buscamos finanzamento a través do concello de Tominho e Comunidade de Montes de Goian, que a demais colaboraron dende o primeiro momento.
A reflexión que fago é, que esta defensa do patrimonio público, a través da unidade vecinhal ten o valor de habernos transmitido o espírito da defensa das Trincadeiras, o valor da unidade colectiva, e que agora tócanos a nos lembrar e transmitir estes valores aos Goianeses mais cativos.

A man artesán correu a cargo do director Seném Outeiro e seu equipo de técnicos que entre outras cousas dixo que o documental amalgama unha serie de sonhos, vontades,esperanzas. Chamáronnos para por unha enerxía parada en marcha. Foi unha proposta chea de ilusións respeito que tivemos que realizar con luita con traballo e moita paciencia resenhar a tódalas persoas e colectivos que participaron neste proxecto institucións patrocinadoras, colaboradores, etc. Na obra esta noso compromiso, amor, gratitude para con todos vos, moitas gracias polo voso asesoramento, ánimo, o voso traballo silandeiro , compromiso e humilde.
Agradeceu o traballo, paciencia dos protagonistas e rematou con unhas verbas de Eliseo Alonso: foi unha chamada de atención nun comunal e un auténtico acto de vecinhanza que todos recordaremos e tódolos Goianeses que nos precedan.

O Presidente da comunidade de montes de Goian Martín González estivo moi nervioso durante o acto que agradeceu a presenza vecinhal, comuneiros, membros de outras comunidades de montes etc.
Lembrou cando Uxío fixo e expuxo o proxecto para lembrar a defensa das Trincadeiras. A Xunta Rectora decidiu unha partida económica para o finanzamento deste documental e participar activamente nas lembranzas destes feitos. Lembrou que o día 20 de xunho 2010 celebrouse unha xuntanza celebrando estes feitos e gustaríame que se celebrase en anos sucesivos. Temos o deber de facer un reconhecemento e defender os valores que transmitiu o espírito da luta e defensa das Trincadeiras por parte do pobo Goianes.
Noso cometido vai mais ala da xestión dos montes asumindo un compromiso social cultural destinada ao progreso do desenvolvemento da sociedade Goianesa.
A Comunidade de Montes fará entrega a cada comuneiro dunha copia deste documental en canto estén disponhibles, que serán recollidos na tenda de Marga, tesoureira da Comunidade, aos vecinhos entregaráselles unha copia por familia no centro Goianes por parte do Concello de Tominho.
Lembrar as persoas que formaron parte da unidade vicinhal e moitos xa non se encontran xunto a nos, lembranza especial ao vocal de Fontenla Alfonso Venitez Álvarez que acaba de falecer, e que tanto aportou a Comunidade de Montes.

Sandra González Alcaldesa de Tominho dixo que o motivo que nos une hoxe aparte do documental é o reconhecemento homenaxe a capacidade de traballar todos xuntos arredor dunha causa xusta en este caso a defensa das Trincadeiras en 1990. Os valores colectivos, o traballo solidario son sustituidos por valores individualistas, insolidarios, dende o concello fomos conscientes que tinhamos que formar parte deste proxecto para promover, defender, rescatar estes valores que están na memoria colectiva do pobo Goianes. Agradecer a Uxío seu compromiso, empenho por xuntar voluntades, recursos para realizar este documental, ao Presidente de montes de Goian e persoas que fixésedes posible este documental, como Alcaldesa quero agradecer o esforzo que fixo a vecinhanza pola defensa das Trincadeiras así como o recordo a Carlos Alonso.
A Guarda a 02 de Maio do ano 2011.

Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario