O avance do Capitalismo máis feroz nos últimos anos, determinou que no último decenio todos os primeiros de Maio fosen especiais desde o punto de vista das loitas concretas dos traballadores e traballadoras. Pero sen dúbida, é este de o 2011 o que marca a diferenza respecto ao derrubamento, deixando un reguero de paro e pobreza polas políticas ditadas polos organismos que soportaron teórica e practicamente ao Capitalismo os últimos anos.
Nunca anteriormente, as políticas ditadas polo FMI, os Clubs de presión do Capitalismo, entre outros teóricos, resultaron tan evidentemente fracasadas e con tal alto custo para os Estados, para a Democracia e sobre todo para os traballadores e traballadoras.
Que os traballadores/as (sexan por conta allea ou autónomos por conta propia), paguen unha crise que non crearon, non é un destino divino, senón unha estratexia marcada polos poderes que realmente a crearon, para salvar un Capitalismo, que de xeito evidente é incapaz de saír da crise.
A Reforma do Mercado de Traballo abaratando o despedimento, un inxusto recorte das Pensións, un abandono das políticas de investimento publica e de cumprimento de compromisos adquiridos polo Goberno (sen dúbida, o que mais gravemente afectou aos sectores mais débiles foi o recorte na aplicación da Lei de Dependencia), e agora a destrución do soporte xurídico dos dereitos dos traballadores/as, mediante a reforma da Negociación Colectiva, debuxan intencionadamente unha destrución do Estado de Dereito para as que ata agora se consideraban clases medias e unha "marroquinización" dos dereitos dos traballadores/as.
O Goberno do PSOE, apoiado polo PP e nacionalistas, encabezaron unha terrible política que só pretende utilizar as riquezas de todos os cidadáns/as para tapar os desmáns de acumulación de riquezas que a Banca e as Grandes Empresas Españolas gozaron no ultimo decenio. Nin un só indicio de esixencia a aqueles que se enriqueceron co noso esforzo, de reinversión para crear emprego, de limitación das súas grandes riquezas, mais ben ao contrario, unha descarada conivencia, cuxa lacerante desvergoña escenifícase nas sucesivas reunións de apoio dos Grandes Bancos e Multinacionais Españois a Zapatero.
Doutra banda a estratexia sindical dos últimos anos levou a minimizar a hexemonía política que os traballadores/as necesitan para facer fronte aos grandes recortes sociais que A DEREITA POLITICA E AS POLITICAS DE DEREITAS están levando a cabo. A imaxe de que as Grandes Organizacións Sindicais, só atoparon o apoio dun pequeno grupo de deputados ás súas posicións, debe facer reflexionar sobre o erróneo desta estratexia.
Durante todo este período de agresión, o PCE/PCG mantivo unha posición combativa, convocando multitude de actos e mobilizacións en contra destas políticas, ao mesmo tempo que unha posición propia e clara respecto de todas e cada unha das agresións legais que os/as traballadores/as levamos sufrindo, tanto na CONVERXENCIA cos Sindicatos (folga Xeral do 29-S, recollida de firmas da ILP, loita contra o recorte de dereitos aos empregados/as publicas, entre outros), como na DIVERXENCIA cos mesmos (reforma das Pensións e posición nalgunhas Comunidades Autónomas).
Esta nítida posición combativa e de denuncia, vai acompañada dun bloque de propostas solventes para a saír da crise pola Esquerda. Así, a Alternativa Social Anticapitalista que I.U. desenvolveu e da que o PCE/PCG sente construtor, establece medidas concretas para a creación de emprego, a protección de dereitos, a estimulación da economía en apoio dos e das traballadores, sexan por conta allea ou propia, e das empresas de economía social, e o desmantelamento progresivo dunha capitalismo financeiro que só trae pobreza á gran maioría dos cidadáns en beneficio duns poucos.
Pero este día reivindicativo da Clase Traballadora de 2011, ten unha peculiaridade mais, sitúase a tres semanas dunhas Eleccións Municipais e Autonómicas, onde os traballadores (quizais por primeira vez na historia) debemos ser egoístas e apoiar as alternativas políticas que nos apoian, as que presentan alternativas para a creación real de Emprego e a protección social como eixo da sociedade que necesitamos.
Así, neste Un de Maio, coa nosa participación nas mobilizacións, ás que desde aquí o PCE/PCG fai un chamamento de participación, imos esixir a anulación das leis que só están xerando desemprego e menos dereitos.
CONTRA A DEREITA POLÍTICA E AS POLÍTICAS DE DEREITAS
VIVA O 1 DE MAIO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario