25 de abril de 2011

25 ANOS DE ESQUERDA UNIDA


Parece que foi onte e xa pasaron 25 anos de vida de Esquerda Unida, coalición nacida o 27 de abril de 1986, cas mobilizacións en favor da paz, contra a integración de Espanha na extructura militar da OTAN e a crise económica.

O 1º coordinador que tivo Esquerda Unida foi o asturiano Gerardo Iglesias.

Lémbrome das caravanas que fixemos pola Guarda, O Rosal etc.., nos coches particulares de camaradas e simpatizantes incluso rivais políticos, case nace o “Colectivo Pacifista do Baixo Minho”.

Esquerda Unida son conhecidas as lutas internas uns para acercarse ao PSOE e outros para facer unha política diferente e de esquerdas.

En Esquerda Unida esperamos que os traballadores mulleres e homes se acerquen e apoien as políticas de reformas sociais e se oponhan as políticas do PP – PSOE – Nacionalistas – Sindicatos e Patronal que fixeron varias contrarreformas en prexuízo da clase traballadora e o futuro será peor calidade de vida.

Crise económica feita polos Iankis e silenciada desde a Unión Europa, guerras inútiles: Iraq, Afganistán, Libia, aumento da enerxía, conxelación dos salarios, aumento dos Eres......etc, traballador pensa e logo actúa en consecuencia.

Foi imposible facer candidatura en A Guarda xa que non atopamos mulleres e homes suficientes perdemos outra oportunidade e seguimos porque a luta non terminou.

Desexamos que non se acade maioría absoluta en ningún partido político, como todos son burgueses e “dereitos” calquera xuntanza é posible.
A Guarda a 25 de abril 2011

Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario