
É unha pena que os países chamados democráticos non se unan para que tódolos técnicos en enerxía nuclear fagan todo o posible para baixar a temperatura das barras, e parar as fugas radioactivas. ¿A día de hoxe existe fusión no reactor? ¿Existe tecnoloxía para enfrear o reactor sen por en risco vidas humanas?, ¿A comunidade científica que aprendeu das traxedias anteriores? Dame a impresión que os países adiantados non dan a talla en momentos caóticos.
Volveremos a caer nos mesmos erros, enganharan a cidadanía, venderan a nuclear como necesarios para o progreso da humanidade, a realidade é que home non controla esta enerxía, ademais é incapaz de eliminar os residuos.
Os pobos mariheiros, foron arrasados polo tsunami, nas imaxes as casas navegaban como se foran barcos, isto quere dicir que os pobos son de xente traballadora e humildes, as casas desfacíanse como o papel. As construcións feitas como en Europa foron as que resistiron.
As autoridades Japonesas realizan unha gran censura informativa, é audiovisual. ¿Isto é democracia?
Asd. José Antonio González Morais
Tés razón, tanto progreso para ísto. O que nos leva a plantexarnos se estaremos entendendo ben o que é o progreso.
ResponderEliminarUn saúdo
Gabriela