16 de marzo de 2011

NAS HUMANIZACIÓNS LIXO SOTERRADO


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

Na actualidade estanse realizando melloras na rúa Mariano Ordoñez, (Humanización – 226.517,18 €). É costumbre do Concello realizar obras sen saber, o que se vai facer (Improvisación), suponhemos que terían en conta meter o tubo necesario para o soterramento da enerxía, telefonía, internet, gas..etc, así como instalación de contenedores de lixo soterrados.

Tamén tenhen previsto realizar obras na rúa Ramón Sobrino (Humanización – 224.350.25 €). Esta marcada a rúa Bouzó e parte da rúa República Dominicana.

Desde Esquerda Unida solicitamos:

Que as rúas Mariano Ordoñez, Ramón Sobrino, Rúa República Dominicana conten con tubo para os servizos básicos así como contenedores de lixo soterrados.

A Guarda a 16 de marzo 2011

Asd. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario