ZP xa te esquecestes de que a cidadanía maioritariamente non queremos as guerras. Vostede non ten vergonha é cómplice xunto con tódolos Presidentes que apoiades a barbarie, xa que o interés que tendes é apoderarse do petróleo pondo a escusa de que Gadafi é un ditador.
A realidade é que causarán moito mais mortes e non se sabe cando rematará a guerra, exemplo Iraq.
¿Esta é a maneira de que Espanha este libre de atentados dos musulmáns? ¿Ónde esta a tan cacarexada Alianza das Civilizacións?
Arabia Saudí ocupa Bahrein, morrendo persoas, o mesmo sucede en Yemen, Afganistán..etc..
Ante a incoherencia da Unión Europea, ONU, ante os problemas internacionais do bloqueo de Cuba, México, Colombia, Palestina, Argelia, Birmania, Chad, Sudán....etc.
Dende Esquerda Unida do Baixo Minho propomos que as asociacións sindicais, asociacións culturais, partidos políticos...etc., teríamos que manifestarnos ante os 23 países en guerra e 27 conflitos armados que temos no mundo e concretamente ca invasión actual de Libia.
A Guarda a 21 de marzo 2011
Asd. José Antonio González Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario