De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
Que na rúa Galicia xunto o Km 0, frete a entrada do campo de fútbol Tecla atópanse unha serie de contenedores de lixo que da noxo velos.
Despois de malgastar 736.503.69 €, na chamada rehabilitación da Alameda de A Guarda, achique da rúa Rosalía de Castro (Funil de tráfico), beirarrúas de pedra, ao noso entender, Vostedes dan por feito que os mencionados contenedores de lixo son unha actración turística, non se entende que nada mais chegar A Guarda tenhamos semellante espectáculo, so falta por uns paus e unhas botellas ao ar para que chame mais atención. Seguramente recibirían outra medalla do EDEN.
Presumen de que somos un concello de interese turístico, Destino Europeo de Excelencia, e vostedes carecen da mínima sensibilidade e responsabilidade ante os cidadáns da Guarda e visitantes.
Dende Esquerda Unida Solicitamos:
A retirada aérea dos contenedores de lixo.
Que se faga un estudo, proxecto para soterralos, e se é antes do verán moito mellor.
A Guarda a 14 de marzo 2011
Asdo:José Antonio González Morais
No hay comentarios:
Publicar un comentario