4 de enero de 2011

O RALLY DAKAR CHILE ARGENTINA É UN ESPERPENTO


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A prensa nos vende que o Dakar é o rally más esixente do mundo, suponhemos que será porque en 29 edicións xa van 51 mortos.

Algúns din que os Argelinos que defenden seu territorio dos abusos e diversión dos imperialistas estes (deportistas, organizadores, periodistas..etc) chámanlle terroristas. A realidade é que estes que presumen de deportistas, organizadores, e demais afortunadamente xa non están invadindo África.

Pasar a toda velocidade por pobos, cidades, montes en Europa creemos que é imposible pero facelo no chamado terceiro mundo isto mola moito, a realidade é que queiman mais de 1.500.000 litros de combustible en dúas semanas. Este rally supera os 300 millóns de € de beneficios, esta é unha razón mais pola que non se celebra en Europa.

E moi curioso que a Guarda Civil participe en este rally e logo quéixanse na prensa que non tenhen combustible para facer seu traballo diario.

Cando un vehículo sufre un accidente grave os restos quedan no deserto para sempre, isto ocorre tamén nos montes cando os que soben un 8000 deixan tirados nas ladeiras tódolos restos de botes...etc. Logo din que os restos son biodegradables.

Dende Esquerda Unida nos preguntamos:

1. Se os americanos (Chilenos e Arxentinos) tenhen en conta as consecuencias medioambientais e sociais.

2. Os condutores de coches, motos, camións, construtores dos vehículos etc, pagan impostos en Espanha, Chile e Arxentina.

3. Os Gobernos están calados, violando las leis de protección ambiental e as normas constitucionais.

SOLICITAMOS:

Que este rally se prohiba.

Que esta proposta se debata no pleno e deán traslado dos acordos a Xunta de Galicia e Cortes Xerais.

A Guarda a 5 de Xaneiro do ano 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario