7 de enero de 2011

ANTE AS REFORMAS DAS PENSIÓNS:


NON SEXAS INOCENTE

O Goberno esconde a verdade cando fala da reforma das pensións públicas


Di que é inevitable aumentar a idade legal de xubilación aos 67 anos (aínda que o queira facer con flexibilidade)


Non é certo. Espanha é un dos países de Europa cunha idade “real” de xubilación máis alta (63 anos e 10 meses) e próxima á idade legal.


Di que o aumento da esperanza de vida (haberá máis pensionistas no futuro) fai necesaria a reforma.


Non é certo. É verdade que haberá máis pensionistas, pero tamén é verdade que haberá máis cotizantes e con cotizacións máis altas. O problema non é demográfico, senón de vontade política. Pódense facer cotizar os contratos que están na economía mergullada, pódese evitar que as mulleres ganhen un 30% menos que os homes e, xa que logo, coticen menos, pódese elevar o salario mínimo (un dos máis baixos de Europa), pódese facer cotizar as bolsas (no seu maior parte son contratos laborais encubertos) pódense elevar as cotizacións máximas (a base máis alta son 3.198 euros/mes; a partir de aí xa non se cotiza máis).


Di que o gasto en pensións é moi alto.


Non é certo. En 2011 gastaremos en pensións contributivas en torno ao 10% do PIB. En 2040, o 14%. Hoxe hai xa países como Italia que xa gastan ese 14 %. Francia gasta xa o 12%. As nosas pensións medias son das máis baixas de Europa e o número de pensionistas comparado coa poboación tamén é dos máis reducidos. Ata en períodos de


crises como o actual e con 4,5 millóns de parados, a Seguridade Social ten superávit e o Fondo de reserva está aumentando ata alcanzar case os 70.000 millóns de euros.


Di que as medidas que se toman agora son para consolidar o sistema e garantir as pensións do futuro.


Non é certo. A realidade é que as medidas que se toman tenhen por obxectivo reducir as pensións e así o expresa o Goberno no compromiso contido no Plan de Austeridade enviado á Comisión Europea. O aumento da idade de xubilación significa que todos cobrariamos dous anos menos de pensión, co consecuente aforro (que se estima nun 6%) e o aumento dos anos de cómputo para determinar o importe da pensión, dos actuais 15 anos a 20 ou 25, significa que todos cobraremos pensións máis baixas (entre un 5 e un 10% menos) porque os salarios máis antigos eran máis baixos.


Di que defende o sistema público de pensións.


Non é certo. Entregouno aos mercados, que tenhen nome e apelidos. Son os bancos e as companhías de seguros. Preténdese un modelo asistencial, é dicir unhas pensións públicas mínimas e o resto con complementos dos segurosprivados.


Todo iso parece unha mala inocentada de fin de ano. Pero non o é.


Só a loita e a mobilización pode impedir que toquen as pensións imponhendo a súa reforma dentro dun mes.


A GUARDA A 7 DE XANEIRO DO ANO 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario