
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Fai uns días rematou no IFEVI en Vigo, unha exposición de interiorismo, turismo, tempo libre etc.
Na caseta de información Rías Baixas un boletín de información das festas mais emblemáticas das rías baixas, aparece co nº 16 a festa do monte Trega como festa de interés turístico galego, e na páxina 26, lamentablemente non existe ningunha foto que faga referencia a mencionada festa.
O responsable de turismo do concello tería que facer mais por o concello de A Guarda. Dende ESQUERDA UNIDA votamos de menos algunha foto do desfile de traxes rexionais, grupo folclórico, ou foto bailando e xantando en romaría....etc.
Non vemos por ningures o fomento da festa da langosta, peixe espada e para os católicos practicantes nada sobre a festa de Santa Trega.
En resumen os actuais Gobernantes presumen de medallas que non tenhen ningunha importancia, esquecéndose do fomento do noso pobo en eventos que para nos tenhen moita importancia, por todo isto.
SOLICITAMOS:
Que o responsable de turismo do concello faga un traballo serio en promoción turística e se dirixa a Deputación de Pontevedra, Turismo das rías Baixas para promocionar axeitadamente o noso Pobo.

A Guarda a 1 de novembro do ano 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario