29 de octubre de 2010

ATA LOGO CAMARADA MARCELINO


Dende ESQUERDA UNIDA DE A GUARDA compartimos coa maioría da clase traballadora o sentimento e dolor que supón o falecemento dunha persoa que entregou toda a súa vida á loita da liberación fronte ó capital e o fascismo contra Franco.
Súa loita foi defender a clase traballadora, traballar pola chamada democracia que na actualidade é unha farsa mais. A súa coherencia vital, a súa enteireza de ánimo e a súa lucidez é unha fonte de inspiración necesaria nos momentos actuais de
recesión e ataques despiedados dos capitalistas contra a clase obreira.
Lembrámolo ca súa camisa tipo cubana nas festas emblemáticas do PCE, unha persoa disposta a falar, con toda a sinceridade e sempre con ese sorriso de transmitir optimismo acompanhado ca súa dona en Madrid.
Non é posible viaxar ata Madrid pero noso corazón esta contigo e con toda túa familia.
Un saúdo, un recordo que permanece nas nosas mentes e corazón a ata a nosa morte.

A luta continua camarada Narcelino.

A Guarda a 29 de outubro do ano 2010

Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario