11 de noviembre de 2010

OS SENHORES DA EFICACIA E TRANSPARENCIA



O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Toda a cidadanía sabe que a Comisión da festa do monte Trega, recibe unha cativa subvención do Concello. Dende que a festa está controlada e dirixida polo PSOE e Asociación Pedra Furada a día de hoxe os que presumen de transparencia, honestidade, tolerancia, talante, economía sostible etc... non deron contas a cidadanía guardesa.

¿Canto tempo seguirán esperando os Guardeses para conhecer as contas da mencionada festa?. A Comisión, e principalmente seu responsable " Miguel Ángel Español Otero", deberían salva-la honra cumprindo ca obriga de dar explicacións e xustificar súa xestión.


DENDE EU SOLICITAMOS:


Que a Comisión de Goberno tome as medidas axeitadas para que a Asociación Pedra Furada e seu Presidente, fagan públicas as contas e sexan publicadas no libro da mencionada festa e boletín B.I.G.





A Guarda a 11/11/2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario