O 9 de decembro en Vigo, LUGAR: Centro Social Caixanova
DATA: 9 de decembro
HORA: 20:00
Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada.
A través da mesma, este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o período da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo.
En última instancia, a película constitúe unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e sobre as razóns que levan a un sector social a asumir todo tipo de riscos na loita por conquerir unha sociedade máis libre e xusta.
Para saber mais entrar en: http://omeunomeluisferreiro.blogspot.com/
A Guarda a 12 de novembro do ano 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario