
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Burka, é unha roupa tradicional que usan as mulleres en países árabes, con relixión islámica, principalmente en Afganistán.
Estas roupas emprégase para a protección dos ventos, e na antigüidade para protexer as mulleres de raptos de bandas contrarias.
O seu orixe foi nas clases altas e estendeuse a tódalas clases sociais.
Para Esquerda Unida é un símbolo de opresión a muller, así como a mutilación xenital, ou matrimonios forzados. O Burka é unha prisión de tela, unha falta de liberdade, e imposta por homes.
Non estamos en contra das persoas islamistas unha cousa e un velo e outra é o Burka. Lembramos que en Espanha non fai moitos anos, a maioría das mulleres cubrían o pelo e hoxe en día este hábito case desapareceu.
Estamos a favor de que en Espanha as mulleres non usen o Burka, e por coherencia, respecto defendemos o dereito da igualdade entre homes e mulleres.
DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:
Que o Concello se declare contrario a este uso abusivo, prepotente e de humillación contra as mulleres.
Que o acordo se faga chegar a Xunta de Galicia e Parlamento Espanhol.
A Guarda a 24 de xunho 2010
O BURKA DEBERÍA ESTAR PROHIBIDO EN TODO O MUNDO,TRÁTASE PEOR AS MULLERES QUE SE LLE OBRIGA,COMO SI FORAN ANIMALES DE COMPAÑÍA. E UNHA PRENDA DE HUMILLACIÓN OXALÁ DESAPAREZCA PRONTO, NIN TAN SIQUIERA SEA EXPOSTA NOS MUSEOS. O VELO SI E ACEPTABLE O BURKA NON.
ResponderEliminar