30 de julio de 2010

NON AS CORRIDAS DE TOUROS EN GALICIA


O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

Moción de rexeitamento das corridas de touros en Galicia e A Guarda

Dende Esquerda Unida non podemos deixar de facernos eco dos feitos que no terreo dos dereitos dos animais estanse sucedendo no noso país. Logo da aprobación dunha Iniciativa Lexislativa Popular sobre a tauromaquia no Parlament de Catalunya, e da declaración de 73 concellos de toda a xeografía espanhola contra as corridas de touros, cremos conveniente facervos chegar as seguintes reflexións e a proposta de moción.
1) As corridas de touros son, efectivamente, unha tradición centenaria no noso país; é así e deste xeito témola que valorar, como unha tradición histórica. No entanto, non temos que esquecer que calquera costume, conduta, comportamento, non se pode manter in aeterum polo feito de ser tradicional, como o demostra o feito que un gran número de prácticas tan tradicionais ao longo da nosa historia, como a escravitude, as execucións públicas, a subordinación das mulleres aos homes, a mesma pena de morte, as mutilacións practicadas aos delincuentes ou a tan a nosa matanza pública do porco, están agora prohibidas por lei. As corridas de touros tenhen que ser parte da nosa historia, non do noso presente.
2) A creación artística empobrece cando se somete a regulacións, é certo. Pero tamén é certo que cando a creación artística excede os límites do que a ética impón a calquera conduta humana, entón tense que someter a arte á reflexión moral. É dicir, por máis que alguén poida considerar artísticas as corridas de touros, os valores fundamentais da nosa sociedade obrígannos a rexeitalas, para non caer en graves contradicións.
3) Ningún animal debe ser sometido a malos tratos: nin os animais salvaxes, para os que temos que conservar o medio coa finalidade de permitirlles vivir de acordo coas súas necesidades; nin aos animais domésticos, polo benestar dos cales os que exercemos de donos temos que velar; nin os animais de granxa que decidimos criar para alimentarnos, aos que debemos como mínimo unhas condicións dignas de vida, espazo suficiente para realizar exercicio, unha alimentación completa e, finalmente, un sacrificio rápido e indoloro.
4) Os representantes políticos dun pobo tenhen o dereito e a obrigación de ser pioneiros na promoción dos valores positivos á cidadanía. Unha sociedade moderna, como a nosa, non se pode permitir fisuras no terreo dos dereitos dos animais e sería un erro terrible non facer todo o que estea nas nosas mans para defender a aqueles que non dispón de voz nin voto. O que teriamos que valorar nun político é a valentía de tomar decisións en conciencia, aínda que estas poidan resultar non gratas nalgún sector da poboación.
5) Lembrando a Gandhi: “Un país, unha civilización pódese xulgar pola forma en como trata aos seus animais”

6) Europa caminha contra os espectáculos crueis contra calquera animal..
É por iso que dende Esquerda Unida propomos:
Primeiro. Manifestar o apoio do Concello de A Guarda á declaración de principios que se expón na lei de protección dos animais 1/93, do 14 de abril, a cal considera os animais como organismos dotados de sensibilidade física e psíquica e, polo tanto, suxeitos a gozar ou sufrir.
Segundo. Que o Concello de A Guarda se declárese pobo contrario ás corridas de touros é se declare amigo dos animais.
Terceiro. Que o Concello de A Guarda non sexa cómplice dun espectáculo cruel como o das corridas de touros nin de ningún outro espectáculo onde se torture a animais.
Cuarto. Que o Concello de A Guarda non permita os anuncios nos medios públicos municipais de corridas de touros nin de ningún outro espectáculo que produza a morte e, ou a dor a animais e que, tamén, ténhase en conta esta moción cando se regule a publicidade en espazos públicos.
Quinto. Instar á Xunta de Galicia a prohibir as corridas de toros e todos aqueles espectáculos onde se produza a morte ou a tortura dun animal.
Sexto. Facer chegar este acordo á Xunta de Galicia, á plataforma Galicia, Mellor Sen corridas de touros e aos partidos políticos presentes no Parlamento de Galicia.
Sétimo. Publicitar estes acordos a través dos medios públicos municipais.

A Guarda a 30 de xullo do ano 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario