30 de septiembre de 2026

DE ORMUZ A PALESTINA

 

Xira do militante palestino Fayez Badawi polo Baixo Miño.O colectivo Baixo Miño con Palestina, en colaboración co comité galego de solidariedade internacionalista Mar de Lumes, presenta unha serie de palestras co histórico militante palestino Fayez Badawi. De Ormuz a Palestina, os tentáculos do imperialismo yanki-sionista é o título desta serie de actos.

Nacido nun campo de refuxiados palestinos no Líbano, o ex-portavoz da Fronte Popular de Liberación de Palestina en Europa achégase novamente á nosa terra para tratar a situación dopobo palestino ante o xenocidio.

Na nosa comarca, os actos terán lugar o mércores 30 de setembro no Centro Cultural de Oia ás 19:30, na Guarda o venres 2 de outubro na cervexaría Celtic ás 20 horas e finalmente pechará xira o sábado 3 de outubro na taberna Val de Tebra ás 12 da mañá.

Convidamos a toda a sociedade a acodir, escoitar a voz deste militante histórico e respaldar manifestación nacional por Palestina do domingo día 4 de outubro, en Santiago de Compostela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario