30 de junio de 2025

SEGURIDADE VIAL

 

¿O responsable de seguridade vial que carallo fai? Mais de unha semán interrumpindo o acceso a casa de saúde, pondo en risco a cidadanía.

Para multar a cidadanía andan moi rápidos, o responsable de obras paseando en coche, polícia local tomando café na Gandara. 





 ¿Onde está o aparcamento para persoas con carnet AA?

29 de junio de 2025

ORGULLO LGTB NA GUARDA

 A GUARDA DIVERSA

 

Día 28/06/2025, na Guarda, o colectivo orgullo LGTB tivo unha pequena festa nos arredores do centro cultural, día para dar visibilidade a dignidade, igualdade dentro da sociedade. As relacións  entre mulleres, homes están vistas como unha vergoña para a sociedade clerical.

Con unha exposición de carteis expondo a traxectoria e luta pola súa liberdade sexual. Non fixeron referencia pola artista  Madonna que fixo moito por este colectivo....

Fai 55 anos, a polícia de Yanki entraban en un bar Stonewall Inn, rexistraron a clientes  detendo a todos sospeitosos homosexuais. Na rúa Christopher comenzou a luta polos dereitos do orgullo LGBTI.
Estes actos tiñan que ser en lugares mais visibles cara a cidadanía. 

17 de junio de 2025

XUNTANZA CONTRA O XENOCIDIO EN PALESTINA

 

2025/06/16 


Organiza o Colectivo de Solidariedade con Palestina do Baixo Miño




 


Cadea humana ata o porto da Guarda, os participantes tiraron no océano 77 flores vermellas simbolizando os 77 anos de ocupación e terrorismo sionista en terra palestina. 


16 de junio de 2025

DO LÍBANO AO DONBASS

 


O xornalista e correspondente de guerra Bruno Carvalho inicia na Guarda unha conferencia para nos achegar de primeira man a súa experiencia no Libano e no Dombass.

4 de junio de 2025

A BANDEIRA PALESTINA NO CÚMIO DO MONTE TREGA

 

 

A BANDEIRA DA PALESTINA AO VENTO NO TREGA NOVAMENTE


Tal e como foi anunciado na multitudinaria concentración en solidariedade coa Palestina de onte, que tivo lugar na praza Avelino Vicente da Guarda, a bandeira de Palestina foi colocada novamente hoxe no mastro do monte Trega polo Colectivo en Solidariedade coa Palestina do Baixo Miño.


Desde o Colectivo, mostramos profundo agradecemento á Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común da Guarda, por autorizaren esta nova colocación da bandeira, nun xesto que engrandece a vila da Guarda e a propia Comunidade.


Este episodio situou a Guarda entre as localidades nidiamente posicionadas contra o xenocidio e contra o sionismo, pese á visceral reacción do goberno municipal, que nun primeiro momento decidiu retirar a bandeira.


Porque a nosa solidariedade é imparábel e a nosa voz, que parte do máis fundo da humanidade, non se pode calar. Palestina resiste e Palestina vencerá.

3 de junio de 2025

XUNTANZA CONTRA O XENOCIDIO EN PALESTINA - A GUARDA

 
 
MANIFESTO GALIZA CON PALESTINA
 
Compañeiros, compañeiras,

Desde as rúas e prazas da Galiza, seguimos a alzar a voz en solidariedade co noso pobo
irmán da Palestino, vítima dun xenocidio planificado e executado con impunidade polo
Estado terrorista de Israel. Nestes meses de terror, milleiros de persoas foron masacradas,
cidades enteiras arrasadas, hospitais destruídos, crianzas asasinadas baixo os escombros
e unha poboación enteira forzada ao desprazamento, á fame e á exterminación. É un crime
contra a humanidade que se perpetra en tempo real diante dos ollos do mundo, agora
mesmo contra as zonas de entrega da exígua axuda humanitaria.

Mais non todos os ollos miran do mesmo xeito. E non podemos deixar nunca de dicilo, en
todas estas concentracións, en todos os lugares onde teñamos voz. Israel e o seu terror
teñen uns cómplices necesarios, sen os cales sería imposíbel a súa continuidade do seu
proxecto colonialista. Sería imposíbel sen o patrocinio directo dos Estados Unidos, tanto fai
quen sente na Casa Branca. Sería imposíbel sen a Unión Europea, co seu silencio cómplice
e co seu apoio económico e político ao xenocidio. A hipocrisía das súas institucións, que
falan de dereitos humanos mentres financian a destrución de Palestina, é tan repugnante
como evidente. Ao mesmo tempo que tentan lavar a súa imaxe con tímidas declaracións de
condena, continúan mantendo relacións comerciais, militares e diplomáticas coa potencia
ocupante. Vémolo todos os días no caso do Estado español e do goberno do PSOE,
empeñado nas súas mentiras para ocultar os contratos da vergoña coa industria militar
sionista. Xa abonda de denuncias verbais baleiras. Xa chega de políticas vacías deseñadas
a propósito para que non teñan impacto real.

E no noso país? A indignación é aínda maior, agora que o goberno galego decidiu tirar a
carouta e mostrar a súa verdadeira axenda, reuníndose ás agachadas co embaixador en
funcións do Estado sionista, nos peores momentos do masacre. Esa xuntanza, escura e
vergoñenta, prodúcese mentres outros gobernos e institucións populares do mundo se
desmarcan de Israel. Feijóo, Rueda e quen lles segue a liña teñen as mans manchadas de
sangue palestino, convertendo o noso país nun cómplice máis deste xenocidio.

Por iso, varios miles de persoas estamos hoxe en 35 localidades da Galiza a demandar:

O fin inmediato do xenocidio en Gaza e en toda Palestina.

O embargo total de armas e a ruptura de relacións co Estado de Israel.

A expulsión do embaixador israelí e o recoñecemento efectivo do Estado palestino
do río ao mar, co retorno das persoas refuxiadas.

A dimisión de quen, dende Galiza, se preste a normalizar relacións con quen
perpetra crimes de guerra.

A aplicación de medidas reais de boicot, desinvestimento e sancións contra Israel
dende as institucións galegas, locais e autonómicas.

E non imos ficar aquí. No conxunto de accións que se están preparando, a solidariedade
internacional está a organizar unha marcha ao posto fronteirizo de Rafah e anunciamos que
Galiza estará presente. Da Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina
anunciaremos nos próximos días os detalles das accións de apoio á Marcha e a
participación dunha coluna galega desta acción internacional. Desde xa, quedamos
convocados e convocadas para o próximo día 16 de xuño para novas mobilizacións da
apoio á causa da liberdade da palestina e ás marchas a Rafah.
Porque hoxe máis ca nunca, dicimos en voz alta:
GALIZA CON PALESTINA!
PALESTINA VENCERÁ

 PRAZA AVELINO VICENTE










Álbaro Lamas Baños









 

27 de abril de 2025

PATRONATO MUNICIPAL DO MONTE TREGA

 

Xunta Reitora está composta por:

Alcalde de turno - Álvarez Carrero Roberto

Presidente CMVMC Camposancos - Martínez Martínez José Fernando

Presidente CMVMC A Guarda - Ferreira Noé

Presidente CMVMC  Salcidos - Álvarez Álvarez Antonio

Hermandad del Clamor - Clero


¿Como se fai o reparto e canto recibe cada agrupación?

¿Como se empregan os cartos da taxa por subir ata o cumio do monte Trega?

¿A Comisión (Fantasma) da festa do monte Trega recibe algunha subvención das comunidades de montes e Patronato Municipal do monte Trega?

A CMVMC,de Camposancos tomou a decisión de pleitear ca CMVMC de Salcidos polos lindes e dereitos do monte Trega.

 

8 de octubre de 2024

COMUNIDADE DE MONTES DE A GUARDA

 

Soplan malos ventos no sur de Galicia, os fenómenos Celso Juan (Facha-fariñas) e Manuel Castro (Tufillo) deixaron a Comunidade de Montes de A Guarda en banca rota, din que 100.000€.

A nova directiva afirma que se encargaran de pagar as débedas acumuladas, sinalización de camiños, monolitos, espazos de ocio, miradoiros.....etc

É costume que nos cambios de directivas se fagan despilfarro de cartos, que nada aportan a cidadanía, exemplo: porase un monolito ao que foi Presidente da Sociedade Promonte, Ermelindo Portela Gómez e ao médico Joaquín Lemos Zunzunegui (Tito).

Os atallos son rompe pernas, perigrosos, casi intransitables para persoas maiores, por non falar de aseos que é unha vergoña, seguimos sin resolver  o que importa.


12 de julio de 2024

ALCALDE DE AGUARDA

 

Chapuza con tecnoloxía I+D+I

Sr. alcalde,chegará a festa do monte TREGA, e os veciños sen poder estacionar para facer a compra diaria. Este lugar estará a disposicion dos feirantes e non da veciñanza. Continuamos como os anteriores parásitos incapaces de aportar solucións, un pobo cada vez mais deserto, un auténtico cimiterio.

Incapaces de apoiar a organizacións para potenciar o pobo. Exemplo: xuntanza de moteros, carreiras pedestres, grupos musicais,regatas de traiñas,.....

Incapaces de arranxar definitivamente a estrada o camping Sta. Tecla.

Incapaces de facer a circunvalación a Guarda

Incapaces de darlle saída o porto.

Incapaces de abrir Inguieiros.

Incapaces de facer a circunvalación monte Trega, con carril para bicicletas, e alumeado público.

O camiño da extrema dereita e potenciar pouco a pouco unha dictadura muda, disfrazada de democracia, retirada silenciosa da liverdade da cidadanía, impónlle a lei kapitalista e neoliberal, co visto vo dos tertuianos, a maioría de periodistas apesebrados,......

 


Na festa do monte Trega, os da polícia municipal colocaron carteis en tódolos cruces indicando que había ferry boat a Camiña. moitos colleron dirección a Camposancos e cando estaban na praza da República  tiñan que dar volta.

Rematada a festa estaban moi rápidos para facer o informe do ben que o fixeron, un ano amais deron pena.

  

 

Vergoña municipal unha das entradas ao castelo recien feita con materiais que non son de recibo, o normal sería que fosen en pedra.