CONCENTRACIÓN
NA GUARDA
Máis unha vez, de Baixo Miño con Palestina chamamos a
cidadanía da nosa comarca a concentración, que terá lugar na praza Avelino
Vicente da Guarda, no día 7 de Abril ás 20:00.
Múltiples localidades do noso país verán mobilizacións
no mesmo día, convocadas pola plataforma Galiza pola Paz, contra a guerra
imperialista e pola paz entre os pobos. O mundo atravesa unha situación de
extrema gravidade, no que a hipótese dun ataque nuclear contra o Irán paira no
ambiente, mentres os Estados Unidos e “Israel” axen de forma impune e sen
ningún tipo de cortapisa.
A entidade sionista toma nota de que lle é permitido
cometer xenocidio contra o pobo palestino e alarga o mesmo xenocidio ao pobo
libanés. Nunha profundización do seu carácter de etnoestado racista, a Kneset
israelense dá luz verde á lexislación que autoriza a pena de morte
especificamente dirixida a presos palestinos. Nin a Sudáfrica do Apartheid
chegou nunca a lexislar a pena de morte especificamente contra un grupo étnico
concreto no seu ordenamento xurídico.
Non esquecemos os ataques dos Estados Unidos e “Israel”
á infraestrutura civil, educativa, sanitaria, farmacéutica ou enerxética do
estado iraniano, destruindo barrios residenciais enteiros das cidades do Irán.
Ao Irán esíxeselle a capitulación e a renuncia a calquera política soberana,
tanto en política enerxética como en política internacional. Explicitamente
esíxenlle deixar de apoiar a resistencia palestiniana e libanesa Pero
encóntranse cunha resposta que non esperaban e ante iso, os imperialistas son
capaces de levarnos as clases populares do mundo á ruina económica e o mundo á
destrución militar, climática e biolóxica.
Por iso non podemos calar e debemos organizar cada vez
máis capas de poboación contra a guerra imperialista, contra os nosos
imperialistas e pola paz entre os pobos.
Abaixo o sionismo e o imperialismo!
Viva Palestina libre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario