26 de marzo de 2026

RECADACIÓN PARA O LÍBANO

 

Neste contexto, o Lebanon Solidarity Collective leva máis de dous anos actuando e tecendo relacións de apoio mutuo directo coas afectadas. Non falamos de axuda asistencialista, senón de solidariedade construída dende abaixo, baseada na confianza, na reciprocidade e no compromiso político. 

 Actualmente, ante a escalada de violencia sobre o Líbano, o colectivo volveu activar a súa resposta de emerxencia, canalizando todos os fondos en dúas liñas principais: apoio directo a familias e persoas desprazadas coas que xa traballan, e reforzo doutras redes de apoio mutuo no terreo que sosteñen a persoas recentemente desprazadas, incluíndo migrantes e refuxiadas sen acceso a recursos.

 Ata marzo do 2026 a maior parte dos fondos recadados foran xa destinados a respostas de emerxencia previas e a traballos de biorremediación no sur, polo que o punto de partida actual é de extrema precariedade. Aínda así, grazas á solidariedade internacional, conseguíronse recadar arredor de 30.000 dólares nas últimas semanas, dos que xa se empregaron máis da metade en atención médica, provisión de colchóns e mantas, transporte e distribución de axuda, alugueiros, axudas económicas directas e redistribución cara a outras iniciativas de confianza.

 O traballo continúa baixo condicións de alta vixilancia e risco, polo que a discreción tamén forma parte da súa práctica política: protexer ás persoas, a súa dignidade e o seu dereito á opacidade é esencial. Mentres tanto, as necesidades non deixan de medrar.

 Este sábado 28 dende o Baixo miño con Palestina estaremos no Feirón Musical do J&J, no Rosal, recadando fondos mediante a venda de roupa e trebellos de segunda man para apoiar este labor imprescindible, co que mantemos unha relación directa dende hai anos.

 As persoas interesadas poden achegarse á mesa informativa durante o mercado, realizar achegas a través de bit.ly/libnan ou contactar co colectivo mediante Instagram ou no teléfono 638 037 865 para colaborar ou efectuar doazóns.

 A solidariedade é a tenrura dos pobos. De Ramala a Beirut, venceremos.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario