9 de enero de 2026

SOLIDARIDADE CON PALESTINA

 


 

 

CONVOCATORIAS EN SOLIDARIEDADE CON PALESTINA NO BAIXO MIÑO

 

Baixo Miño con Palestina convoca a cidadanía da comarca a concentrarse contra o continuado exterminio do pobo Palestino este día 12 de Xaneiro, na praza Avelino Vicente da Guarda, pero tamén na praza da Inmaculada de Tui, ás 20:00 da tarde. Aderimos así a unha nova xornada de convocatorias en todo o país galego convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina.

 Entramos nun novo ano, o cuarto xa da actual fase de xenocidio aberto, dentro do proceso de colonización e limpeza étnica da Palestina histórica, que remonta ao ano 1948. Prestes a se facer tres meses do suposto plano de paz, o estado sionista de Israel contiúa cunha política de bombardeos sobre poboación indefensa, de asasinatos de líderes da resistencia e das súas familias ao completo e de ampliación de asentamentos ilegais de colonización. O sionismo continúa privando a poboación gazatí dos bens máis básicos, de modo que continúan dándose mortes por inanición e agora tamén, de frío, como é o caso confirmado de 75 crianzas ao longo deste inverno, segundo relatorios das Nacións Unidas.

Todo isto dase nun contexto de ocultamento e silenciamento mediático. A intervención do presidente fascista dos Estados Unidos veu da man da desaparición do xenocidio das grandes capas de xornais e televisivos do mundo occidental. Segundo a súa lóxica, do que non se fala, non existe.

Por iso teimamos en falar de Gaza, até que a Palestina sexa libre!

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario