14 de diciembre de 2025

PAZ XUSTIXA E SOBERANÍA

 

 


MOBILIZACIÓNS POR PALESTINA NA GUARDA E TUI

Cando veñen de se cumprir 2 meses do chamado plano de paz, a única consecuencia que verificamos do mesmo son os reiterados intentos dos países occidentais de re-normalizar o estado xenocida de Israel. Lonxe de chegar a paz, os ataques e bombardeos sionistas non cesaron.
Desde o 10 de Outubro, en que se asina o famoso plano de paz, Israel asasinou xamáis de 350 palestinianas, incluíndo moitas nenas e nenos. Continúan a pór impedimentos á entrada de alimentos, medicinas e bens esenciais. De tal xeito,320.000 crianzas gazatís menores de cinco anos permanecen en risco de
desnutrición severa. Cada vez hai máis indicios da intención da entidade sionista deimpulsar a colonización de Gaza do  mesmo xeito que o fixo nas demáis terras palestinas, mediante o roubo das mesmas e a expulsión dos seus habitantes. Así,
establecen na liña amarela unha nova fronteira ríxida que reduce máis, se cabe, as dimensións deste campo de concentración a ceo aberto. Atravesar esta liña é sinónimo de morte por disparos de Israel.
Por iso non podemos deixar de falar da Palestina. Non podemos deixar de mobilizarnos contra este interminábel xenocidio. De  Este luns, 15 de Decembro ás 20 horas, vémonos na Guarda, na praza Avelino Vicente e, en Tui, na praza da Inmaculada.
Por Palestina libre! Solidariedade coa Palestina!

No hay comentarios:

Publicar un comentario