A GUARDA, TOMIÑO E TUI SÚMANSE AS MOBILIZACIÓNS POR PALESTINA O 15 DE OUTUBRO
A plataforma Baixo-Miño por Palestina fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para o próximo mércores 15 de outubro pola Coordenadora Galiza por Palestina. No Baixo-Miño celebraranse concentracións ás 20 horas na Praza Avelino Vicente na Guarda, na Prazdo Seixo en Tomiño e na Praza da Inmaculada en Tui.
Estas convocatoria de mobilizacións, feita antes do acordo de cesamento do fogo, mantense para amosar a solidariedade co pobo palestino e para deixar patente unha vez máis que non o imos deixar abandonado.
Desde a plataforma Baixo-Miño por Palestina consideran que o alto ao fogo debe servir para redobrar esforzos para reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal así como medidas políticas e económicas reais e efectivas contra o Estado sionista de Israel e pola reconstrución de Palestina.
A Plataforma convida tamén a participar na xornada de folga, paros e
mobilizacións convocada polas organizacións sindicais para ese mesmo 15 de outubro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario