14 de mayo de 2024

PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA EN A GUARDA

Centro cultural da Guarda, xoves 9 de maio 2024

Unha reportaxe sobre o deterioro da sanidade pública en Galicia organizado pola Plataforma en defensa da sanidade pública da Guarda.

O documental Destruír é o plan, elaborado pola plataforma SOS  sanidade pública.

O documental relata o desmantelamento e a privatización calculada da Sanidade Pública en Galicia.

Ao final da proxección haberá un coloquio no que participaran membros da Plataforma organizadora do evento.

 


Isabel Faraldo,  denunciou o "desmantelamento" da sanidade  pública galega  por parte do Partido Popular, con "2.000 millóns" de euros recortados en atención primaria.

 Faraldo, que é profesional sanitaria, insiste na luta para defender a sanidade pública como a "xoia" dos  servizos públicos.

Saímos a defenderla ante o desangrado e desmantelamento  que ano tras ano lastran as políticas da extrema dereita,  Partido Popular.

 


Ana Pontón dí que levamos 14 anos con recortes na sanidade pública en beneficio da sanidade privada.

Pontón explicou que o modelo alternativo do BNG en sanidade pasa por un incremento no financiamento, persoal suficiente, máis servizos sanitarios nos centros de saúde e a reversión progresiva das privatizacións, nas urxencias hospitalarias ou no transporte sanitario urxente.

Temos que acabar co disparate de que haxa quirófanos e camas pechadas mentres hai persoas esperando para ser operadas”,  logo de advertir que hoxe en día temos un 14 % dos galegos e galegas está en lista de espera

No hay comentarios:

Publicar un comentario