17 de enero de 2021

COMUNIDADE DE MONTES DE A GUARDA MAFIA DA XUNTA DIRECTIVA


NOVO ATROPELO NA CASA DOS ALONSO


Hoxe na Casa dos Alonso consumouse outra ilegalidade mais por parte da Comunidade de Montes da Guarda. 12 persoas votaron a favor dunha candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes que debera ter a día de hoxe, polo menos 81 comuneiros.

Esta asemblea contou con irregularidades de todo tipo, dende non respectar os prazos que marcan os estatutos entre as dúas convocatorias (Dúas horas), ata non por a disposición dos comuneiros un lugar onde poder consultar a documentación relativa á asemblea.

Por suposto, só se votou unha candidatura, a outra foi omitida e censurada. Ninguén sabe nada, non hai explicacións, nin hai onde pedilas, xa que é unha Comunidade que non atende ao teléfono, non contesta aos correos, non recolle correspondencia, e por suposto non ten sitio habilitado para solicitar, entregar ou consultar nada. É unha Comunidade opaca. Só queda preguntarnos; por que? De verdade teñen algún interese no Monte? Ou en que este monte se xestione polos seus viciños?

Preto de 40 veciños, a maioría con solicitudes pendentes de alta dende hai anos, concentrámonos diante das portas desta Asemblea, acompañando  os  seis compañeiros que si puideron entrar, e ver a pantomima que esta Xunta Reitora, co señor Fariñas e o señor Lolo a cabeza levou a cabo, sen dubidar, sen pestanexar, sen medo, nin conciencia parece ser.

Non está demais dicir que estes 12 comuneiros que votaron a favor da única candidatura existente, tamén botaron en nome de outros 12 comuneiros, os cales na súa maioría levan anos sen asistir a ningunha asemblea (lembremos que por estatutos un comuneiro só se pode ausentar dúas asembleas como máximo). Quedounos claro que hai comuneiros e “comuneiros”.

E por último queremos lembrar a todos os viciños da Guarda que isto se esta a facer a sabendas e beneplácito do Concello da Guarda. Que cede non só un espazo público, como é a Casa dos Alonso, para que se cometa semellante atropelo, se non que tamén pon a súa disposición o corpo de Policía Local para que exerzan, non de Policías, se non de garda espaldas e porteiros desta xente, decidindo quen entra e quen non, con lista en man, nesta parodia de Asemblea Extraordinaria.

Sen máis, animar de novo a todos os viciños a tomar parte desta loita polo noso monte, e pola nosa Comunidade de Montes, que hoxe mais ben parece un cortello na que uns poucos teñen a pía e pían por todos.

Seguimos na loita, por un Monte e unha Comunidade de todos e para todos.

Nos últimos tres anos case 40 veciños solicitamos a nosa entrada na Comunidade da Guarda. A día de hoxe, despois de varias solicitudes e de interpoñer dúas demandas, aínda non conseguimos obter ningunha resposta por parte da Xunta Reitora, dirixida polo seu presidente Manuel Castro Vicente “Lolo” e o seu secretario Celso Juan Rodríguez Fariñas “Carqueixo”.

Durante estes 3 anos sufrimos e fomos testemuñas de toda clase de irregularidades, irregularidades non propias dunha Comunidade de Montes que se diga democrática e transparente, chegando a parecer máis ben un coto privado que unha Comunidade de Montes. É por isto que nos preguntamos que é o que se está a agochar? Por que non podemos ser comuneiros? Por que nos impiden xestionar o noso monte?

Este sábado, 16 de xaneiro, está convocada unha Asemblea Xeral Extraordinaria para elixir a nova Xunta Reitora. Que a parte de ser ilexítima e inxusta, xa que van faltar case 40 veciños, aos que se nos denegou a entrada nestes anos, tamén esta convocada fora dos prazos estipulados polos propios estatutos da Comunidade de Montes, polo que tamén é ilegal.

Ante esta impotencia, de inxustizas acumuladas, queremos solicitar:- Por un lado, a máxima colaboración por parte de todas as institucións pertinentes. Cortando calquera relación de inmediato con esta Comunidade. En especial ao Concello da Guarda, que ven colaborando con este Comunidade nos últimos anos.

- E por outro, a involucración do resto de veciños da Guarda nesta loita, a través de exercer o seu xusto dereito de ser comuneiros.

O monte é de todos!

Basta xa!

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario