XUNTA DIRECTIVA SOCIEDADE PRO MONTE EN FUNCIÓNS
ANTONIO MARTÍNEZ (Auto nomeado presidente)
MIGUEL SOBRINO (Vice Segredario)
MANUEL MARTÍN (Tesorero)
FLORENTINA ANDRÉS (Vocal)
JESÚS GARCIA (Vocal en calidade de crego)
ANTONIO MARTÍNEZ,
toma a palabra e di, que a día de hoxe a Sociedade Pro Monte non ten sentido e
que se basa no informe elaborado pola Deputación de Pontevedra solicitado polo
concello de A Guarda. Di que votará a favor da disolución da S.P.M.
Cando remate a
votación dará letura do patrimonio da S.P.M. e as condicións de como se cederá
o patrimonio.
MANUEL MARTÍNEZ, di
que votará a favor da disolución, para resolver da mellor maneira e coa maior rapidez este
estancamento
FLORENTINA ANDRÉS (Tina), di que non se sinte lexitimada para estar en esta xuntanza e que esta avalada
pola falta de actividade durante 30 anos. Agradece que súa proposta fora tida en conta para facer a
convocatoria desta xuntanza pública nos medios dixitais e xornais. Que se sinte
agradecida pola asistencia de algúns socios e cidadáns.
Cree que é mellor
que pase a máns do concello que representa a toda cidadanía, que a día de hoxe
temos organismos suficientes que poden desenrolar a actividade da S.P.M. e que
de producirse a disolución a entrega das propiedades se fagan nas condicións
establecidas.
Di que hoxe en día
a S.P.M non representa as función pola que foi creada
JESÚS GARCÍA, di que votara a favor da disolución
MIGUEL SOBRINO di,
que co informe feito pola Deputación non ten nada que ver ca S.P.M e que este informe
no seu día poida xustificar unha aberración, para disolver a S.P.M, e en caso
de votar será un delito, e non estou disporto a formar parte dun espolio.
A Diretiva será constituída
coa metade dos seus membros e nestes momentos somos 5. Tense que contar con un
informe das contas, nº de socios, actas, inventario das propiedades, tal como
di o informe e os estatutos no artigo 30. Que a Xuntanza ten que ser das ¾
partes dos socios e non dos asistentes. Non se ten en conta os dereitos dos
socios que están sendo pisoteados. Repito non quero ser responsable destas
irregularidades xurídicas, porque ten responsabilidades xurídicas e
penais.
Teño a experiencia
de varios saqueos feitos polo concello en algunhas propiedades que foron
saqueadas, a saber en que mans están. O Concello non ten porque realizar as
función da S.P.M ten que ser a sociedade civil que cada día ten mais actividade
e influencia nas institucións e na sociedade. Eu votarei pola súa legalización,
e teríase que facer un acta do que aquí esta acontecendo., eu son un demócrata
e respetarei a decisión de tódolos socios, quero transparencia, libros, …etc,
en definitiva o que dí o informe da Deputación e Estatutos.
Inteveñen algúns
socios e cidadáns e din que desexan dar a súa opinión que son demócratas e que
temos o dereito de falar. ¿So ten dereito de opinar a Directiva? ¿Os socios non
contamos para dar a nosa opinión eu teño o carné nº 603 dende o o ano 1976? A
Directiva tiña que facer unha convocatoria dos socios en tempo e forma e non fixéstedes
nada. Persoalmente creo que a S.P.M non ten que ser unha sociedade politizada.
Non se pode votar porque se incumpren os estatutos e informe xurídico feito
pola Deputación, e din que o presidente en función esta en fora de xogo que non
foi nomeado por ningún socio para tal cargo. Por que non se toma a decisión de
reflotar a S.P.M. A Normativa vixente de
calquera asociación rexistrada di, que
un socio que non este de acordo ca disolución de unha sociedade, pode continuar
ca mesma.
ANTONIO MARTÍNEZ di
que asume as posibles consecuencias xurídicas e penais
FLORENTINA ANDRÉS di
que se houbese acordo votaría pola cesión, cree que é a mellor decisión pero en estes
momentos a miña decisión non ten nada que ver co meu voto. As condicións están
escritas no informe a legalidade manda, non quero ter unha demanda o informe
vai a misa.
A socia 603 di, non
temos garantías para que o Concello cumpra con unha posible cesión, ¿Que cesión?
¿Sería legal esta cesión? Sería unha doazón digo eu. ANTONIO MARTÍNEZ di que si,
porque tería que ser acordado en un Pleno.
FLORENTINA ANDRÉS dí
que o informe e claro que non se pode votar unha ilegalidade e propón una nova xuntanza
na que se faga chegar a documentación solicitada por Miguel Sobrino.
ANTONIO MARTÍNEZ insiste
en que se vote pero os asistentes din que non se pode votar pola súa
ilegalidade. Afirma que os libros non teñen nada.
MIGUEL SOBRINO di
que solicita toda documentación e que quere fotocopiala para o seu estudo. Temos que estar ao día sen presa. ANTONIO
MARTÍNEZ acede e di que terá todo que precise.
Quedase para o día
28 de agosto para unha nova xuntanza, da Directiva en funcións. MIGUEL SOBRINO propón outro lugar porque no salón do concello
non se sinte cómodo. Non quedou claro o local da xuntanza podería ser no local
do Clero.
ANTONIO MARTÍNEZ di
que o local de reunión da S.P.M. non se atopa en boas condicións
Moito nerviosismo
polo historiador Miguel Villa, a xuntanza no transcorría como el esperaba, o
concelleiro de cultura estivo pasivo.
Foi vergoñento a falta
de partidos políticos, organizacións culturais que din que representan a
cidadanía, a cultura da Guarda. Posiblemente acudirán para a próxima convocatoria pública para a
liquidación, dun espolio dunha Sociedade Histórica Guardesa.
XUNTANZA NA RECTORAL DE A GUARDA.
Por terceira vez reuniuse a Xunta Directiva en función da S.P.M. na casa rectoral de A Guarda.
Por terceira vez reuniuse a Xunta Directiva en función da S.P.M. na casa rectoral de A Guarda.
Foto da segunda reunión
ANTONIO MARTÍNEZ (Auto nomeado presidente)
MIGUEL SOBRINO (Vice Segredario)
MANUEL MARTÍN (Tesorero)
FLORENTINA ANDRÉS (Vocal)
JESÚS GARCIA (Vocal en calidade de crego).
So
podemos afirmar que nesta xuntanza Antonio Martínez insistia en votar e
disolver a S.P.M. Polo tanto quería facer una vez mais a liquidación da
S.P.M. a espaldas da cidadanía. Tivo a cara dura de presentar un
informe feito polo letrado do concello.
Non foi posible gracias a Jesús García, Florentina e Miguel que se amparan no informe Xurídico da Deputación.
Solicitarán a Xunta de Galicia, Rexistro de Asociacións, un informe de como resolver este estancamento xurídico.
A
falta de categoría, talante, deixadez de Antonio Martínez é manifesta,
fixo diversas actuacións a espaldas de todos e durante 30 anos
realizaron pequeñas cousas como a mellora do museo de Camposancos e
coidar o arquivo da Pro Monte. Nas actuacións restantes non sabemos o
que pasou. Tampouco sabemos como están as propiedades da S.P.M., en fin
un auténtico dislate. ¿Cómo pode ser que una persoa que fixo labouras de
Xuíz de Paz (Xuíz Lego) queira incumprir a Lei? Esta en boca de todos
que pode caer en prevaricación.
¿Este personaxe é merecedor do premio PATALUDO?
¿Este personaxe é merecedor do premio PATALUDO?
No hay comentarios:
Publicar un comentario