Moito traballo e pouca recompensa na segunda festa castrexa, é típico na maioría das organización un considerable retraso nos horarios que anuncian, estes foron de mais de 30´. A festa estivo presentada pola ex-gaivota, ex-centro democrático e agora de Ciudadanos Fany, interviñeron o alcalde Antonio e concellala Montserrat do PSOE esta última en representación da Deputación con unha intervención propagandística como se fora unha campaña electoral.
Unha vez mais o patético alcalde de A Guarda, manifestou que o concello ten a filosofía e ven colaborando coa organización da festa castrexa, colabora con as iniciativas sociais, culturais, deportivas, empresaríais (Sin lerches ou con limosnas), a día de hoxe nos orzamentos municipais non existe partida para ningunha festa de A Guarda. Solo gastan cartos públicos nos actos propagandísticos que eles organizan, do resto pasan.....desprezan o traballo das entidades deportivas, sociais, industriais, e culturais de A Guarda. ¿Cando aportarán os mesmos cartos para a festa do Monte, que é a festa de toda a Guarda e Bisbarra?
Afirmou que pon mán de obra municipal, isto ten que ser unha obriga é a día de hoxe é unha tomadura de pelo, estes poñen empregados municipais para os da súa secta.
Fora os políticos e política das festas, menos fotos e mais traballo, que é a vosa obriga.
Non se entende como no mesmo día pola tarde había no porto de A Guarda unha xuntanza de grupos floclóricos. ¿Onde esta a tan cacarexada unión?
Esperemos que o domingo teñamos unha mellor participación.
Comerciante pensando..., no abandonado e inutilizado campo de Cháns
O PREGOEIRO ENTRANDO NO CAMPO DE CHÁNS
Manuel Castro (Lolo), dixo que este ano a festa sería mais longa xa que a primeira foi curta, naceu de unha xuntanza entre comunidades de montes, que é unha festa para unir as tres parroquias de A Guarda, Salcidos e Camposancos. Agradeceu especialmente aos grupos que actuaron de forma altruista, asi como os comerciantes de A Guarda. Rematou a súa intervención lembrado aos asistentes que disfruten da festa e que nos sintamos todos Guardeses.
Eloy Gómez presidente dos montes de Salcidos, fixo incape no traballo e nos gastos que supón organizar unha festa, agradeceu aos grupos pola súa aportación desinteresada así como as institucións. Desexa que a festa cumpra mais de un século para o disfrute da cidadanía.
Fernando Martínez presidente dos montes de Camposancos lembrando ao escaso público como deu inicio a festa castrexa, estando recente a nova Directiva un comunero propuxo facer unha gaiteirada a idea ampliouse e decidiron falar cos responsables das outras dúas comunidades, estas non o dudaron pondose a traballar para que a festa castrexa fose unha realidade.
Público durante o pregón
Público durante o pregón
Un emocionado Ricardo Rodríguez Vicente lendo o texto.
Ricardo dírixiuse aos guardeses, salcidenses e camposinos, castrexos e non castredos da comarca miñota. Díxo que o Trega é un espazo de encontro entre os castros veciños como Sa, Forca dos Cregos, Marouco, Proba, Cividáns, Piruco da Bandeira... etc. Que emerxe como un outeiro, que pode ser denominado o marco da porta do Miño, según a descripción do xeófrafo Claudio Tolomeo (Ostium Mini)
Lembrou o considerable censo de castrexos, e co seu traballo tiveron unha gran relación comercial con outros asentamentos facendo do Trega un verdadeiro imporium posiblemente o mais importante de toda Gallaecia, como proba temos a gran cantidade e variedade de material arqueolóxico atopados durante as escavacións realizadas. Alguns materiais como ánforas, ceramica sigilata, moedas romanas, o cunco millefiori, vidro....etc viñeron desde pobos moi lonxanos.
Ricardo con moita emoción lembrou a necesidade de recuperar o cunco de pasta millefiori recuperado no ano 1986 depositado no museo de Pontevedra, exisiu a recuperación para o museo do monte Trega que é onde debe estar.....(Aplausos dos asistentes).
A proposta de Ricardo para recuperar o cunco millefiori foi aprobada no concello por unaminidade con data 26/05/2017.
Ricardo con moita emoción lembrou a necesidade de recuperar o cunco de pasta millefiori recuperado no ano 1986 depositado no museo de Pontevedra, exisiu a recuperación para o museo do monte Trega que é onde debe estar.....(Aplausos dos asistentes).
Os cuncos aparecidos no oppidum de Abóbriga (Castro do
Trega) E un mosaico de centos de pétalos con bordes brancos.
Os castrexos sempre foron un pobo con unha cultura propia un pobo traballador, decidido, nada lles metía medo. E por
iso, sen lugar a dúbidas, puderónse permitir mercar artigos suntuarios, de luxo xa que tiñan medios ou formas de pago.
Lembrou os
abondosos recursos do río Miño e do mar, había fartura de peixe e de sal. Dous productos de
moitísima importancia para a supervivencia humana, hoxe desgraciadamente non é así.
Ricardo Fixo incape na recuperación e
protección para as salinas que temos o longo da costa guardesa.
Pasada a emoción referiuse as Directivas de Montes que fan un traballo de xestión dos montes que os veciños veñen aproveitando dende tempos inmemoriais e que contribúen na calidade de vida da cidadanía, por iso temos que coidar o Monte para poder disfrutar del.
Dixo que temos que educar aos mais xovenes para que respeten os montes e que estes sexa o pulmón e nos de aire limpo e augas filtradas e puras.
Dada a súa situación xeoestratxica é un lugar moi visitado e temos que sentirnos orgullosos do que somos e nunca esquecer de onde vimos.
E para rematar dixo:
Avante coa festa
Viva a festa Castrexa
E para rematar dixo:
Avante coa festa
Viva a festa Castrexa
Vivan os castrexos
Eloi entregando un agasallo a Ricardo
¿Sería mellor no Castelo Santa Cruz, no antigo campo do Tecla.......?
No hay comentarios:
Publicar un comentario