Pouco público no pregón 27 da festa da langosta, posiblemente a causa fose a retransmisión do cancro do estado o FÚTBOL, e frio que facía na A Guarda.
Andrea Poua e Enrique Alfonso coñecido polo Bruxo Queimán
Presentador foi Manuel Santos
Falou o Alcalde Antonio Lomba
Intervención de Enrique e Andrea
Andrea Pousa cantando
Un pregón diferente primeiro
falou Enrique Alfonso Domínguez e Andrea Pusa (Bruxo Queima e Pousa) na metade
do pregón cantou Andrea, con varias langostas na mau e logo alternáronse ata o remate do pregón.
Comezou Enrique en solitario
dicindo: A forza anímica de un pobo
reside en revivir as súas rendas as súas historias o pobo que non viva estas rentes
esta condeado a norte. Un pobo con una riqueza mariñeira a través do traballo
destes mariñeiros que dende o ano 1960 sacaron da miseria as súas familias ao
descubrir na costa portugesa Peniche (Povoa do Varcín) un caladoiro de langostas.
Converteron as tradicionais gamelas de congrio e sardiñas en barcos con un rol
de 5 e 6 mariñeiros, o traballo e condicións eran moi duras, durmían en catres
de follatos de espigas, a pouca auga que era para a comida, non podían lavarse
, asearse…etc . Os mariñeiros comezaban moi xovenes a partir dos 13 anos axudando nas tarefas das redes, nodos, collían
auga nas fontes como a da ribeira, etc., estes ao longo do tempo foron
aumentando os salarios (Cuarteróns) pouco
a pouco por decisión dos mariñeiros, uns mariñeiros celosos, desconfiados, pero
a súa vez eran mariñeiros emprendedores, innovadores e fixeron a arte de tres
redes (O trasmallo). O mariñeiro da Guarda loitador vencendo as marusías, vento
mareiro, soño de loita e de vida, as ondiñas que veñen e van traen o mariñeiro
polo mar, boga boga mariñeiro con sardiñas e langosta do noso mar.
A Guarda emerxe xunto un enorme
outeiro e nos ofrece una terra de
castros e temos no Trega o maior de Galicia. Ademais temos museo do mar, museo
arqueolóxico, o Castelo Santa Cruz, terra do camiño Atlántico a Santiago de
Compostela. A Guarda ofrece beleza, agrado, ofrece estas langostas de sabor único,
ofrece a rosca de xema guardesa A Guarda é terra de lenda, castros, terra de langosta.
Andrea canta Camariñas
Dende o alto do Trega vendo a
Portugal entraban os barcos con estas langostas, que eran cociñadas polo tío
Roxo, Tia Concepción, Paula, tia Jaula...etc., estas anécdotas as contaba o tío
Santiaguiño aos visitantes que se achegaban A Guarda.
Sentir a maxia desta terra, con
esta brisiña que chega do Trega, meu comandante do Miño. A Honra dun pobo esta
feita a base de coraxe e nobreza esta é unha virtude increvantable, A Guarda
forma parte da historia con estas langostas que teñen identidade propia, o que
chega A Guarda sempre repite sempre
volta a saborear estas langostas con sabor único pola arte das exquisitas cociñeiras
e cociñeiros que fan posible esta milagre.
Canta Andrea e agradece por ser
convidados ao pregón 27 da festa da
langosta, pregón atípico pero feito con emoción, e comprometido ca nosa cultura
e conviccións. Andrea comprometida con Galicia remata dicindo que nos
comprometamos a coidar o Planeta, a terra o mar para que no futuro teñamos de
novo as langostas na nosa costa.
O Bruxo lembra aos mariñeiros que
perderon a vida no mar
NO PORTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario