O día 4/02/2016 celebrouse a gala do deporte guardés, esta gala foi
un paripe, unha tomadura de pelo, unha farsa vergoñenta. Na Guarda para
os responsables políticos e especialistas deportivos so existe o remo e
judo....esquecéronse de nomear o fútbol, tenis, natación,
atletismo....etc; incapaces de resolver o problema do pavillón de
Solanas, incapaces de colaborar axeitadamente co deporte local e
Comarcal.
Estes fenómenos son incapaces de diferenciar o que é deporte federado e deporte de actividades de recreo.
Temos uns políticos que andan moi atinados para despilfarrar os cartos
públicos nas súas actividades, ir de viaxe a Fitur (A Guarda presente
con un díptico de publicidade), 30.000 € para festa da langosta, 20.000 €
para as redeiras.....etc.
Teñen na mente desfacer as instalacións deportivas existentes como o Codesal, en vez de potenciar e dinamizar o deporte base e ciudadán. O lóxico sería que esa zona deportiva fose para ampliar o club de Tenis Codesal, para poder ter mais pistas de tenis e padel
No hay comentarios:
Publicar un comentario