21 de abril de 2015

ESQUERDA UNIDA AO ABISMO

 

Chegan os comicios municipais, a desfeita política é tan grande que moitos ciudadanos non votarán polo PP, PSOE e NACIONALISTAS...etc, que son  partidos que rouban cartos públicos, e gobernan a favor dos poderosos. Ante esta barbarie aparecen os oportunistas, partidos de novo cuño como: mareas, grupos populistas,  e algúns de tendencia fascista.
Onde esta que non se ve: a coherencia,  convosco máis fortes, a túa voz, refundación, programa programa programa, participación ciudadana, converxencia, unidade popular, movemento político e social, transformar...etc
Da noxo ler na prensa, como os figuratis desnortados de esquerda unida de Galicia camiñan sen rumbo ao borde do abismo, marca política aniquilada pola teima de xuntanzas novedosas que non teñen sentido ético nin político, tansó por figurar en listas, e se soa a frauta acadar cadeiras en organismos oficiais. 
A cidadanía non traga con rodas de muíños, esquerda unida é incapaz de adaptarse a sociedade, incapaces de defender a súa marca, incapaces de desenrolar políticas para os cidadáns, predican una cousa e fan a contraria. Temos o exemplo en Andalucía,  Izquierda Unida formou goberno cos políticos saqueadores de cartos públicos. A cuestión e sentarse nunha cadeira da administración, cobrar un excelente salario e seguir cos privilexios da chusma política. Este feito tan grave, repelente foi defendido pola cúpula de Izquierda Unida Federal.
Votar polo PP, PSOE, BNG, CIUDADANOS, UPYD, PODEMOS,MAREAS...etc é REPUDIARSE.
A cidadanía sigue esquecida polas decisións dos que defenden a ditadura democrática.
Moito se fala nada se fai, pola cidadanía.  
DAORDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario