As socias, socios do Codesal conseguiron a dimisión do presidente
e toda a Xunta Directiva. Esta dimisión
se mascaba fai tempo e foi advertida por un socio que en dúas xuntanzas
pediulle en varias asembleas que tiñan que dimitir por falta de respecto a os
socios, por incompetentes, por non cumprir cos estatutos do Club…etc.
Na xuntanza
extraordinaria celebrada o día 25/01/2014 co único punto do día:
aprobación de la reformas de las piscinas del club. Os socios maioritariamente solicitáronlle
a Directiva:
1º O porque da necesidade de facer unha piscina nova.
2ª Estado das contas do Club, cartos ingresados pola cuota
social separada da cuota das obras….etc
3º Transparencia pública no club do proxecto da nova piscina.
4º Autorización, permisos para poder realizar ditas obras.
A Directiva a estas preguntas básicas non respostou a ningunha,
so querían a votación a favor do único punto do día. E unha vez mais non se
podía votar porque non tiña nada que
ver o que solicitaba a Directiva na
convocatoria co que na realidade pretendía a Xunta Directiva, que era a
imposición de facer una piscina nova. Querían facer esta obra como fixeron con
una pista de padel que foi costruida no club sen pedir permiso nin autorización
dos socios…..etc. Estas presuntas reformas na piscina tiñan un custe aproximado entre os 160.400 ata os 240.000 €, aproximadamente (Carallo ca
reforma)
O tesorero sistematicamente non quere das contas claras, e a
masa social non entende súa actitude. Non entende porque se aferra ao cargo con
uñas e dentes existindo unha desconfianza na súa xestión, cada un que pense o
que queira. É incapaz de facer un orzamento anual, polo tanto incumpre cos
estatutos. Na xuntanza última sacou a libreta como se fose Bárcenas para
aclarar non se sabe que, un espectáculo.
A secretaria tampouco cumpre cas súas obrigas: non toma nota
das intervencións das socias e socios, desaparecen as actas que son da súa competencia
sendo a máxima responsable, da á impresión que non redacta as convocatorias, non
participa nas asembleas, un auténtico dislate e falta de respecto a os socios.
O Presidente é un pasota un figuratis non se decata do
abandono do Club, redes rotas, material sen recoller, exterior sen limpar, goteiras
no local social, mal uso de algunhas instalacións, mafias que se lucran a conta
das instalación do club, falta de control no acceso ao club, pero anda moi áxil
para empregar a súa antiga dona e auméntalle
o salario sen ton nin son ¿Por qué será?…..etc
¿Por qué as socias, socios separados non pagan cuota?
Un directivo ilexítimo non estivo presente e o outro chegou
tarde e ante as protestas dos asistentes aliscou como un covarde.
Os críticos queremos que o club funcione o mellor posible
queremos transparencia, respecto, tolerancia e democracia.
SOLICITAMOS A NOVA
XUNTA DIRECTIVA:
Unha auditoría para saber a situación económica real do club.
Redución de persoal que non é necesario (Os adestradores que se
financien cos deportistas que teñen a seu cargo)
Que o club deixe de ser una gardería.
Que se potencie o deporte base e de competición.
Que sexa transparente, participativa nas actividades e
proxectos na mellora das instalación e escoite as propostas da masa social.
Sorte e saúde
No hay comentarios:
Publicar un comentario