JESÚS ALONSO MONTERO E PACO VIDAL
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN 3/01/2014 DE
LIBROS EN A GUARDA DE FRANCISCO VIDAL
Paco Vidal agradece a asistencia
do público, que para el é una honra
estar na Guarda e presentar a Jesús Alonso Montero Presidente da Real Academia
Galega, di que o mundo do libro é moi importante e hoxe en día esta en perigo
polos avances tecnolóxicos, literarios que desaparecen…etc. Paco fixo varias suxerencias
a Jesús Alonso para dar a coñecer a cidadanía que é que representa a Real
Academia Galega, facer exposicións itinerantes polos concellos, propón que
teñan socios colaboradores para colaborar cas finanzas, e fagan un censo de asociacións,
persoas que traballen no eido da cultura galega.
Jesús Alonso Montero lembra que
esta na Guarda para falar de libros como cidadán da cultura, e que este tipo de
conferencias non son rechamantes e se é de libros antigos menos. Explicou o que significa
bibliofilia e bibliófilo, persoas como Paco que teñen adición, amor, compromiso
cos libros especialmente cos libros raros, curiosos e primeiras edicións.
Lembra que moitos aman o libro pola súa entidade física, cheiran o papel,
tipografía, encadernación, ilustracións…etc. Lembra a Gustavo Doré gran
ilustrador, e que ilustrou o quixote en portugués que ten Paco Vidal.
Jesús Alonso di que toma nota das
propostas de Paco Vidal e que as trasladara na próxima xuntanza que teñan na
comisión executiva da R.A.G. Afirma que hoxe en día a R.A.G., non dispón de
medios económicos para facer exposicións itinerantes, porque se mantén de
subvencións do Ministerio de Cultura, Xunta de Galicia e Deputacións e que este
ano foron recortadas, di que so cobran os traballadores e que os académicos non
teñen nómina que so cobran dietas.
O de amigos da R.A.G. dí que ten que ter una formulación xurídica e
pensa que este ano quedará constituída. A R.A.G. e de todos e para todos vela,
coida, corrixe a súa gramática, decide cando unha afección, palabra é a
correcta ou incorrecta, edita as normas ortográficas, morfolóxicas..., mellora
o idioma de Galicia.
Lembra que o día 7/01/2014 farán una
homenaxe a Francisco Fernández del Riego, ex presidente da R.A.G. durante 4
anos, Director da biblioteca Penzol.
Dixo que este bibliófilo durante a súa vida xuntou moitos libros, octavillas,
períodicos…etc, recomenda que cando vaian a Vigo pasen pola casa da cultura. Na
realidade esta a Fundación Penzol e a gran biblioteca, cadros, epistolarios que
deixou Francisco Fernández del Riego.
Jesús Alonso Montero di que a biblioteca
da R.A.G. é tan importante gracias a seus donantes que testaron a favor da R.A.G.
porque creen que é a súa institución e que protexen, potencian o seu legado. Moitas
veces os herdeiros de grandes artistas por codicia…etc, non son os mais
apropiados para coidar protexer a riqueza artística, cultural…etc. Dí que deberían
quedar nunha institución pública ao sevizo da cidadanía, e que estas teñen que
estar a altura da doazón.
Fai 20 anos que morreu outro
bibliófilo Jesús Sánchez Orriols, un home acomodado que adquiriu libros
clandestinos, en diferentes cidades do mundo ala polos anos 60, cando finou
deixou os seus libros a Manuel Peña Rey
e a Jesús Alonso Montero, esta colección
esta entre as 6 mellores bibliotecas privadas de Galicia e que para Jesús e a
primeira en libros Marxistas e hoxe os 8.800 libros están en donación no museo
etnolóxico de Ribadavia dirixido por José Carlos Sierra. Lembra Jesús Alonso
que cando una persoa dona un legado tan importante debe facerse en depósito a una
institución pública e esta ten que estar a altura da conservación, disposición,
catalogación etc.., e disposición da cidadanía.
J.A.M. faise una pregunta e se
estivese en calquera rincón de España e se preguntara a calquera cidadán que é
a R.A.E. con toda seguridade moi poucas
persoas sabrían contestar e menos se preguntara onde esta, cando se fundou quen é o actual presidente…etc.
Pero se preguntaramos quen é
Belén Esteban, ou se estivera a falar de calquer cousa nun local como no salón
cultural de A Guarda estarían tódalas televisión, e a cola chegaría ata Tui . A
cidadanía sabe moito de Belén Estebán, e este é o
problema que temos na sociedade actual.
Jesús Alonso pasa a Bibliofilia e
lembra o bibliófilo e bibliógrafo Antonio
Rey Soto autor do libro Galicia venera y venero de España, cura, poeta, dramaturgo ..etc, boemio amigado con Angelita e os seus libros están
no Convento de Poio, e di que son os mellores libros do 15,16 e 17. Parte dos
seus libros foron salvados por Castelao na guerra civil española, xa que Rey
Soto os tiña en Madrid. Foi coidado na súa madurez polos mercedarios de Poio
esta é a razón de que seus libros estén no convento.
Outro bibliófilo foi Fermín Fernández
Penzol, galeguista e gran lector e sempre tivo claro que Vigo tiña que ter una biblioteca.
Penzol donou súa biblioteca no ano 1963 estando depositados na casa da cultura
de Vigo.
Francisco Vidal outro bibliófilo,
mestre e funcionario de banca, comeza súa afección nos anos 67/68, lendo Escola
de Menciñeiros e como bibliófilo comeza
no no 1973 tendo 10.000 libros e 7.000 en galego e 25 libros de J.A.M. Paco Vidal ofrece una exposición
variada con libros en galego , en portugués, mapas, gravados …etc. Capítulos
dedicados a A Guarda, os Lusiadas, Apostol
Santiago etc..
J.A.M. recomenda a os
responsables do concello a que se edite uns folios de porque están estes libros
e que representan. Di que os bibliófilos merecen gratitude e monumentos, que
sería da humanidade sen estas persoas. De momento Paco Vidal non sabe a que
institución doará súa colección.
Lembra un acto a Isaac Díaz Pardo
o 5/01/2014 no cemiterio de Boisaca en Santiago fala da súa súa editorial Do
Castro e dos Documentos para Historia de
Galicia.
O Bibliófilo Jesús Alonso Montero
comeza sendo estudante en 1948/1949. En novembro entra nunha librería e atopa
un libro de gramática galega de Juan Antonio Saco y Arce en vez de ir a misa
visita a librería e case o aprende de memoria. Dona seus libros a R.A.G., Cidade
da Cultura e Deputación de Ourense.
Como sempre recibe o aplauso dos
cuarenta cidadáns presentes no acto de clausura.
Na clausura da exposición estiveron presentes o concelleiro de cultura e presidente do concello, no remate entregaron uns agasallos a os ponentes e a Bieito Ledo.
DAORDE.
Na clausura da exposición estiveron presentes o concelleiro de cultura e presidente do concello, no remate entregaron uns agasallos a os ponentes e a Bieito Ledo.
DAORDE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario