REGULAMENTO
CARREIRAS POPULARES FESTAS DO
MONTE TREGA 2013
ANDAR - MARCHAR - CORRER
O
atletismo TREGA, o sábado día 3 de agosto
do ano 2013 a partir das 19 horas, dirixe e controla as carreiras populares
Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e
Deportiva O CANCELÓN.
As
inscricións, serán ilimitadas e deberán efectuarse por correo electrónico trega@trega.es, teléfono 664 865 003, así como na caseta instalada
na Alameda de A Guarda, constará de nome, apelidos, data de nacemento completa ,
DNI, residencia, Club, nº de ficha, nº de teléfono.
CATEGORÍAS
|
ANO
NACEMENTO
|
DISTANCIA
APROXIMADA
|
SAÍDA
APROXIMADA
|
PULGAS MULLERES e HOMES
|
2008/2009
|
100 m
|
19 h
|
PRE-BENXAMINS MULLERES e HOMES
|
2006/2007
|
200 m
|
19:10 h
|
BENXAMÍNS MULLERES e HOMES
|
2004/2005
|
1.000 m - 1 V
|
19:20 h
|
ALEVINS MULLERES e HOMES
|
2002/2003
|
1.400 m – 1 V
|
19:35 h
|
INFANTILES MULLERES e HOMES
|
2000/2001
|
3.000 m – 2 V
|
19:50 h
|
CADETES
MULLERES e HOMES
|
1998/1999
|
||
7.321 m - 1 V
|
19:45 h
|
||
PROMESAS
MULLERES e HOMES
|
91/92/93/94/95/96/97
|
||
SENIOR MULLERES e HOMES
|
1990
ata veterano
|
||
VETERANOS HOMES - A
|
35
a 44 anos
|
||
VETERANOS HOMES - B
|
45 a 54 anos
|
||
VETERANOS HOMES - C
|
55 e antes
|
||
VETERANAS MULLERES
|
1978
e antes
|
- A secretaría será na R/ Troncoso nº 5 galerías
(Alameda)
- De pulgas ata cadetes inscrición gratuíta. Na
carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de 3 € sen camiseta e 5 € con camiseta, na carreira absoluta fora de prazo serán 8 €, e 1 € nas
categorías menores.
- O prazo péchase o día 2 de agosto a partir das
18 horas.
- Os premios serán: medallas para os tres
primeiros clasificados en Pulgas, Pre Benxamíns e Benxamíns os demais
serán trofeos a os tres primeiros clasificados de cada categoría. Un
atleta só ten dereito a un premio ou trofeo.Serán entregados pola Comisión
de Festas.
- Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega. E será o momento de facer o pagamento.
- Tódolos atletas federados participantes deberán
ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2012/2013.
- Traerán imperdibles para suxeitar o dorsal.
- Os gastos de desprazamento correrán a cargo de
cada Club, e participantes.
- En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba.
- Os resultados enviaranse por correo electrónico
ou no día da proba se aportan correo electrónico ou un pendrive.
- Dado o carácter popular non se admiten
reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
- Admitiranse propostas e criticas, agradecendo
que sexan por escrito.
- Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou
comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os
participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a
dirección da proba.
- Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa
Rosalía de Castro. Correran pola R/ Rosalía de Castro e Avda. de Portugal. A Carreira absoluta
será unha volta ao monte Trega.
- O Trega non se fan responsables dos posibles
danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan
sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos
que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados.
- Nas categorías menores serán responsabilidade
dos pais se os participantes sofren algunha lesión.
- As probas estarán controladas polos voluntarios
do atletismo Trega..
- O Trega agradece por anticipado a súa participación
e deséxalles que gocen do día e do atletismo popular.
- A participación nas carreiras populares,
implica a total aceptación do presente regulamento.Este regulamento pode
ser modificado para súa mellora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario