De todos é sabido que os cataláns
lutan polas cuestión financeiras e
económicas, secuestradas pola chusma política espanhola (PP PSOE e
Nacionalistas afíns).
Nas Cortes Constituíntes
Republicanas os deputados cataláns,
sendo seu portavoz Pere Coromines non foi escoitado, nin valorado polo esforzo
para chegar a acordos de concordia e estabilidade política.Nesta época
Catalunya aportaba a Facenda da República uns 1.000 millóns de pesetas. Os
economistas da República dicían que se atendían as reclamacións lexitimas dos Deputados
cataláns, despois tinhan que atender as propostas Vascas e Galegas e que o Estado Espanhol
sufrirían un déficit de mais de 500 millóns de pesetas.
Indalecio Prieto ministro de
facenda, con estes datos distribuíu un informe entre os deputados conhecido
como “EL RESULTADO CATASTRÓFICO”, que tería o Estado se fosen atendidas as
reclamacións catalanas. Indalecio foi apoiado polo reaccionario e facha Santiago Alba que afirmou que o perigo
está en que outros tantos millóns que se deran aos cataláns os pedirían os senhores derechistas de Vizcaia...etc.
Pere Coromines foi defendido polo
deputado Leizaola, que rebateu con argumentos dando datos coherentes
desmentindo os falsos datos económicos que presentou a oposición mais
reaccionaria e centralista e preguntou: de que serviría a Catalunya a liberdade
sen a súa independencia económica.
Os cataláns aceptaron a redución de ingresos por
contribucións directas case 300 millóns de pesetas o sobrante das apartacións
catalanas quedaría a beneficio da República, isto demostra que o
pobo catalán ten espírito solidario e non son egoístas como nos queren vender a actual chusma política do PP e PSOE....etc.
As Cortes Constituíntes da
segunda República Espanhola apunhalaron ao pobo catalán, no artigo 16 do
Estatuto dí: En cualquier momento, el
Ministro de Hacienda de la República podrá hacer una revisión extraordinaría en
el régimen de Hacienda del presente título, de común acuerdo con la
Generalidad, y si esto no fuera posible, deberá someterse la reforma a la
aprobación de las Cortes, siendo preciso el voto favorable de la mayoría
absoluta del Congreso.
No artigo 17 dí: …..el Estado se reserva el derecho de rescatar
la recaudación de sus tributos y gravámenes en el territorio catalán, y
ordenarla libremente. Isto é ditadura, someter a voluntade dun pobo
solidario co resto do Estado, someter a Catalunya a calquera Goberno
centralista e reaccionario aniquilar financeiramente a todo un pobo.
O Estatuto foi concedido e non
pactado estando no poder Lerroux e Gil Robles e no ano 1934 estes fascistas
preparadores, colaboradores do golpe de estado co xeneral Franco, as liberdades
estatutarias foron arrebatadas a cidadanía catalana, polo tanto Catalunya ten o
dereito de esixir os ingresos económicos que lle corresponde.
Como sabedes as nacións de
Galicia, Vasca e Catalana tenhen o dereito de autodeterminación, e na actual
Constitución fala de nacionalidades polo tanto o pobo e quen decide. Non existe
liberdade individual, colectiva sen independencia económica e o futuro de Espanha e Portugal pasa por un
Estado Federal Republicano Ibérico (Galicia, Euskadi, Catalunha, Portugal e o
resto de comunidades autónomas. Defendemos un Estado Ibérico, isto é posible con medios económicos necesarios para garantizar os orzamentos de cada pais, de cada comunidade autónoma. A
cultura non ten fronteiras, e a cidadanía non quere perder as raíces culturais,
políticas, económicas e non quere ser espanholizados como pretende o fascista
José Ignacio Wert. Con sentido común como dí Rajoy é posible.
En Espanha temos opinión,
intereses diferentes como a luta pola auga, industria, agricultura, pesca,
transportes, sanidade, educación, enerxía …etc, o que tinha que ser prioritario
e a igualdade de dereitos para os intereses da colectividade. Un control da economía
xeral, (Banco Público) isto é indispensable, e non podemos esquecer que as
realidades xeográficas son xeneralmente realidades económicas. Aplicación
urxente da tasa Tobín ao dinheiro circulante polo ar.
Moitos cambios coa transición
para a mellora da calidade de vida, pero
nestes intres a situación do Estado é dramática, o 15 M
foi una pompa de xabón (Maioría absoluta da Barbarie), o 50% das
preferentes foi un roubo da Banca consentido, permitido pola Barbarie política
PP, PSOE e Nacionalistas (Estafados e inversores das preferentes son votantes
do PP, PSOE e Nacionalistas), que nos próximos comicios votarán polo PP, xa que
o PSOE non ofrece alternativa diferente do actual Goberno, os novos burgueses,
funcionarios nacionalistas quedaron co cu ao ar, só representan o seu
clan.Espanha é un país rescatado,sumiso e súa déveda é impagable.Co goberno actual Espanha empeorou,goberna con decretos (Para que esta o Parlamento)
Rajoy parasá a historia como o peor presidente de do estado, e afirmamos que
ningún presidente da actual DITADURA DEMOCRÁTICA non ten o aprobado,temos mais
paro, menos salario, explotación obreira, no exterior temos como marca LADRÓNS,
estamos no caminho da destrución das autonomías, queren aniquilar as linguas,
menos sanidade,…..etc. É moi preocupante o aumento do fascismo e a falta de
respecto aos resultados electorais de países americanos.
¿ISTO É DEMOCRACIA?
¿REFORMA URXENTE DA
CADUCA CONSTITUCIÓN?
APLICACIÓN DA LEI DE
ESTRANXERÍA PARA A MONARQUIA
CONQUISTEMOS A 3ª
REPÚBLICA CÍVICA E FEDERAL
DAORDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario