Os concellos
iluminan as rúas pagadas pola cidadanía e logo din que son de baixo consumo,
así estaremos ledos e gastemos os poucos cartos que temos.
Chegou o Nadal e activase a campanha do derroche e saqueo: Venda de lotería, Operación Kilo,
Recollida de alimentos, Postais Navidenhas, Carreiras Solidarias, Calendarios Full
Monty etc.
Estas Navidades
temos acción nas rúas: folgas de Vitrasa,
Metal, Médicos, Preferentes, Comercio, Paradores, Discapacitados,Iberia
etc, un “estado tranquilo”.
Espanha e un país burgés,
coa cultura dos pelotazos, porcentaxes ou comisións dos gobernantes, socializados no despilfarro e saqueo dos
cartos públicos.Moitos non entenden como
a dereita rancia ganharon por maioría vendo como día a día están aniquilando o
sistema público e de calidade, e dividindo a cidadanía.
Algúns acertos das
gaivotas son: Bankia éxito de claridade, transparencia e reflote , aumento do
paro, acerto da Reforma Laboral para fomentar o despido, acerto para potenciar
a relixión, acerto para privatizar parte do ensino, sanidade, xustiza, aeroportos,
Renfe. Caso Gurtel, apoio de altos
cargos a Díaz Ferran, saqueo da reserva
das pensións, Annistía Fiscal para os mafiosos e permitir a fuga de capital
limpo para o estranxeiro, policía dopada sanguinaria contra os manifestantes,
repago da sanidade, aniquilar a Dependencia, Prensa presa das presións e
servidumes agosto do poder, freo a Lei
da Memoria Histórica ou Republicana etc. , como dixo Rajoy sabemos o que facer e o están facendo, e para o 2013 será igual ou peor, continuación dos ataque as
pensións, ataque a os salarios dos funcionarios, ataque a desfasada Constitución
e ciudadanos.
Viva a defensa da marca ESPANHA, gaivotas no ar, poremos a camiseta vermella e cantaremos eu
son espaladrón,espaladrón, espaladrón....
PEDIRÉMOSLLE A PAPÁ NOEL :
Que os Xuíces, Médicos...etc, sigan tomando decisións amparando a cidadanía.
Dimisión de Rajoy ,Gallardón, Wert, Fatima Báñez,....etcRelixión nas igrexas e non na escola pública.
Revolta civil
DAORDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario