12 de septiembre de 2012

DITADURA E POPULISMO


A Ditadura e populismo estase implantando día a día e pomos dous exemplos:
  1. Unión de partidos políticos que son como o Polo Norte e o Polo Sur.Fan un Referéndum sobre a coalición electoral de Esquerda Unida con outras forzas políticas (Imposición co visto vo do Federal) Chamánlle referendun cando é unha votación de afiliados e para colmo algúns votan en tabernas. ¿Que pasou ca unión de Esquerda Galega? ¿ Que pasa no BNG?
  2. Normas ditatoriais contra a liberdade das persoas. A Federación Galega de Atletismo dí:A AT. ATLETAS CON AXUDA ECONÓMICA DA FGA, AOS SEUS ADESTRADORES E CLUBES
Lémbrase a todos os atletas que según normativa de axudas económicas a atletas galegos os atletas que compitan en competicións non incluidas no Calendario Oficial da FGA non terán dereito á axuda económica desta federación.
Como ben sabedes o canon que abona un organizador dunha carreira popular á FGA por estar no calendario constitúe unha gran axuda para poder desenvolver os nosos proxectos, entre eles, as axudas económicas a atletas.
Se os atletas becados participan en carreiras populares que non abonan o canon estipulado contribúen a que estes organizadores non inclúan o seu evento no calendario, obtendo así menos recursos esta federación para o programa de becas.
Por todo iso, infórmovos que os atletas que desexen participar en carreiras populares non incluidas no calendario, avisen aos organizadores desta situación para animarlles a que inclúan o seu evento no calendario oficial, poidendo así participar o atleta, do contrario o atleta perderá o dereito a axuda económica.
Calquer dúbida non dubidedes en comunicala, co desexo de contar ca vosa colaboración,
Recibide un saúdo,
Víctor Arufe Giráldez
Secretario General Federación Gallega de Atletismo.

As Federacións só están para cobrar e non para desenrolar, fomentar, integrar aos Clubes, atletas etc... ¿Ónde esta o fomento do deporte o cumplimento da Lei para o Deporte? o único que lles importa é recaudar para cobrar os salarios a fin de mes, o resto importalles un carallo? 

Ado. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario