14 de julio de 2012

PUCHERAZO NO CODESAL


O día 07/07/2012 no club de tenis Codesal celebrouse a xuntanza anual, e como era de esperar os rumores foron certos. O presidente ditador, faltón...etc, esta mangoneado por xente de pouca reputación, cometeu xunto coa directiva un fraude nas votacións, dito de outra maneira realizouse un PUCHERAZO, consentido pola chusma de algúns socios do Codesal.
O presidente non tivo enconta votos delegados que foron entregados en tempo e forma a empregada Fina, e o cara dura, si tivo enconta os recollidos nun bar de A Guarda ata escasas horas de celebrarse a reunión anual.
O cabreo foi monumental na maioría dos socios presentes, o presidente quere eliminar o tenis e padel, aniquilar a promoción deportiva dos mais cativos, recadar mais cartos para manter unhas instalacións mal feitas e con dubidosa garantía, quere formar un club elitista e que moitos socios traballadores se dean de baixa.
Un presidente que recorta salarios e pon en risco a certos traballadores xogando co seu futuro, ademais o presidente utiliza o club en beneficio propio aumentando o salario nun 6% a súa dona.
Unha vez mais tivo que sacar un punto na orde do día, xa que estaba fora de lugar.
Unha directiva que antes de un ano marcharon dous membros por non soportar un presidente patético que incumpre os estatutos do club, unha segredaria que figura nos papeis e non ocupa o cargo mencionado e como vemos na foto ata se agacha para non ser reconhecida, e o vocal entrante tivo que facer seu traballo, un contable que maquilla as contas en cantidades globais para que os socios non se enteiren non  as entendan e non poidan preguntar.
Recentemente entraron dous novos directivos que representan a chusma local, e algún deles esta mais perdido que un pulpo na lúa.

Si tivera luces o lóxico sería que dimitira, xa que é un incompetente e unha marioneta da chusma.
DAORDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario