12 de mayo de 2012

SCOOTERS POLO VAL MINHOR



O vindeiro sábado 19 de maio terá lugar a II Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta organizada polo Vespamiñor Scooter Club de Nigrán. A actividade dará comezo ás 9 horas coa inscrición de participantes no Paseo Carlos Casares (a carón do Concello de Gondomar), para logo percorrer en carabana uns 50 quilómetros pola bisbarra. Entre as actividades destácase unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar que abrirá as súas portas para unha xeira guiada. Os interesados deben comunicarse coa organización antes do evento para formalizar a súa participación, a través do teléfono 686 955 539 (Lauren) ou no correo electrónico vmscooterclub@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario