6 de marzo de 2012

SUBE O PARO EN GALICIA

Os datos falan por si solos, Galicia marcar un novo rexistro histórico negativo pasando dos 271.284 aos 274.675 novas persoas desempregadas das cales 141.030 son mulleres e 133.645 son homes.
Estes datos son moi significativos xa que demostran que as mulleres son novamente as peores paradas nesta crise capitalista.
O responsábel nacional de economía e traballo, Henrique González Lago, cualificou os datos do paro do mes de febreiro como a confirmación da entrada na recesión da economía e a confirmación da dramática situación que viven as 271.284 persoas desempregadas, 108.877 en Pontevedra 107.759 na Coruña 30.406 en Ourense e 27.663 en Lugo.
Henrique González Lago valoraba, en relación aos datos publicados pola Eurostat que situaban a España no 23,3% de taxa de desemprego fronte ao 10,7% da media Europea, que España colócase no vagón de cola dos países de Europa.
Esquerda Unida afirma que as políticas de recortes do PP sumen a Galicia na pobreza, así a nova Reforma Laboral imposta polo PP está a causar moitos dos despedimentos que antes os empresarios non se atrevían a facer, dado que esta reforma responde ao guión establecido pola propia CEOE.
Xa que logo, facemos un chamamento a toda cidadanía a que acudan a todas as manifestacións e folgas convocadas polos Sindicatos para que entre todos e todas podamos dar resposta a a este ataque e obrigar a que o PP retroceda e non siga adiante cunha reforma que responde aos desexos da dereita española de contentar as directrices deseñadas polas oligarquías financeiras e as dereitas que dominan os países mais fortes da UE, Francia e Alemania.
Esquerda Unida esixe á Xunta de Galicia a que desenvolva verdadeiras políticas de reactivación económica que fomenten a creación de emprego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario