21 de febrero de 2012

TERRORISMO POLÍTICO

A contrarreforma laboral é terrorismo político amparada polo Dereito Penal.

Este Goberno igual que o anterior dará mais cartos para a banca e nos preguntamos ¿Por qué se permite que os bancos condoen débedas e intereses?
¿Por qué a cidadanía temos que financiar aos partidos corruptos cos cartos públicos que son os impostos directos e indirectos que pagamos?
Se un cidadán nos pode pagar os impostos polo fracaso do capital, será visto como un delincuente, e non poderá acudir a servizos públicos como a sanidade, isto será unha realidade.
A Xustiza non funciona correctamente e o dereito penal actúa de tapadeira que paraliza as críticas sociais e políticas, estes falan con verbas de monopolio e así a cidadanía non se enteira de que as políticas nos levan a escravitude, a vertebración da sociedade, temos que rebelarnos ante estes políticos indignos.
Que podemos facer para paralizar a contrarreforma laboral, como propostas sinxelas e que todos podemos realizar serían:
1.Participar nas manifestacións.
2.Consumir so para vivir.
3.Retirar do banco a maioría dos cartos.
4.Non acudir a eventos deportivos.
5.Que os parados que poidan ocupen os concellos cando se realicen Plenos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario