De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
NIN FUSIÓN NIN CONTRARREFORMAS DE NCG BANCO
Pola imposición do Banco de Espanha ante o real decreto de recapitalización da Comisión Europea, vendéronnos a moto de que Novacaixagalicia Banco quedaría situada nos índices de solvencia mais elevados do (fracasado) sistema financeiro europeo.
Fai pouco temos NCG Banco dixo que aportará a seu banco un patrimonio neto consolidado de 1.714 millóns de €, e que recibirá inversións externas por un importe de 2.465 millóns de €, para acadar o 10.45 % de capital principal. O capital externo é de inversores privados e do FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria)
Contou cas autorizacións do Ministerio de Economía, Banco de Espanha e da Comisión Nacional de Mercados de Valores.
Dixeron que Novacaixagalicia mantén a natureza de caixa de aforros, con personalidade xurídica e súa condición de entidade de crédito.
Que seus activos están valorados en 344 millóns de €, incluídos 97 centros e infraestruturas socioculturais en Galicia. Todo isto ca bendición do Parlamento Galego.
Dende Esquerda Unida dicimos que esta apunto de explotar a débeda do fútbol español.
Ante a nova e inminente contrarreforma da banca en Espanha co aplauso da patronal bancaria AEB, que pretende Luis De Guindos,
dende Esquerda Unida Solicitamos:
Que NCG Banco no sexa de novo intervida, fusionada e nos imponhan outra contrarreforma.
Que o concello de A Guarda se dirixa a Xunta de Galicia para que Feijó tome as medidas oportunas ante Rajoy.
A Guarda a 6 de febreiro 2012.
Asd. José Antonio González Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario