De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
8 DE MARZO DE 2012
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
EXPÓN:
Neste 8 de Marzo temos dobre motivo para manifestar o noso máis rotundo rexeitamento á situación actual: a crise económica motivada polos mercados financeiros, que lentamente pero con rotundidade están xerando un gran desequilibrio entre clases sociais e que se ceba fundamentalmente en mulleres e novas e no recorte de conquistas sociais, materiais e institucionais xa iniciadas no goberno anterior e que o PP está implantado a nivel do Estado Espanhol e naquelas autonomías nas que goberna.
A anunciada reforma da Lei de Interrupción voluntaria do embarazo, aos supostos do 85 e ao permiso paterno para as mozas, nos retrotrae ás mulleres adultas aos momentos da transición política considerándonos como seres incapaces para decidir sobre o noso presente e futuro e, ás mulleres novas négalles a posibilidade de decisión sobre as súas propias vidas.
A anunciada reforma da Lei de Interrupción voluntaria do embarazo, aos supostos do 85 e ao permiso paterno para as mozas, nos retrotrae ás mulleres adultas aos momentos da transición política considerándonos como seres incapaces para decidir sobre o noso presente e futuro e, ás mulleres novas négalles a posibilidade de decisión sobre as súas propias vidas.
Se por si mesma a chamada lei de dependencia, tinha un enfoque sexista ao incentivar ás mulleres a relegarse ás tarefas do coidado, a decisión de non continuar financiándoa, significa que ademais os poucos resortes de alivio que ofrecía dita lei, agora ven afogados pola falta de orzamento. A consecuencia desta situación será unha máis rápida involución cara aos vellos roles patriarcais.
En lugar de tomar as medidas para que se dean as condicións efectivas para a integración total das mulleres no mercado laboral con plenos dereitos, tanto salariais como profesionais, o PP volve á carga con antirreformas laborais e con anuncios de contrarreformas que aumentarán o desemprego e a feminización da pobreza.
As xa retrógradas anteriores contrarreformas do sistema de pensións, marcadas polo sexismo máis alarmante, ademais de desfavorecer aos sectores xa de seu máis vilipendiados economicamente polo extinción do precario estado de benestar, traerá consigo aínda maior número de mulleres maiores na absoluta pobreza.
A extensión da xenofobia na sociedade, debido ás modificacións cada vez máis retrógradas das leis de inmigración e a trasmisión de valores racistas, afectan con maior rigor ás mulleres inmigrantes, máis desprotexidas.
A extensión da xenofobia na sociedade, debido ás modificacións cada vez máis retrógradas das leis de inmigración e a trasmisión de valores racistas, afectan con maior rigor ás mulleres inmigrantes, máis desprotexidas.
A conciliación entre a vida laboral e familiar igualmente segue sendo, unha expectativa. Os homes seguen sen compartir equitativamente as cargas familiares e as tarefas domésticas. Porque para que isto ocorra, non é só necesario leis que o regulen, senón tamén, e moito máis importante, crear unha conciencia social de igualdade que transforme a cultura patriarcal e sexista que aínda existe.
O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é a data propicia, para que este Concello/Deputación mostre verdadeiramente a súa vontade de pór as bases reais, para que a igualdade das mulleres sexa un feito e non unha mera aspiración cunha serie de medidas destinadas a unha transformación real da nosa sociedade, onde as mulleres sexamos cidadás en plenitude de dereitos.
Por iso dende Esquerda Unida de A Guarda, propón ao Pleno, que todas as medidas que se adopten respecto diso, sexan vinculantes e dótense dos recursos materiais e persoais e normas complementarias que fagan efectivo o seu cumprimento e avaliación, en base ao seguinte acordo:
O compromiso político de traballar para xerar un municipio de suxeitos iguais en dereitos e obrigacións, utilizando os medios legais existentes e posibilitando as canles e os recursos económicos para que homes e mulleres teñamos as mesmas posibilidades de desenvolvemento.
A nivel municipal:
Aumentando o orzamento destinado a políticas transversais e específicas destinadas a conseguir a igualdade entre mulleres e homes
Erradicar a segregación laboral nas políticas de emprego que se emprendan no municipio.
Aumentando os recursos materiais e de persoal para a prevención e atención das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade
Implantación de campanhas educativas, en colaboración cos centros escolares do municipio, baseadas na concienciación entre as e os máis novos.
Coordinando programas coas asociacións e colectivos sociais que fomenten a igualdade e a corresponsabilidade
Erradicar anuncios, emisións, expresións ... sexistas no ámbito público
Fomentar a imaxe pública das mulleres e a súa participación nos asuntos públicos.
A nivel estatal:
Elevar ao Goberno do Estado, a esixencia de non restrinxir os dereitos das mulleres e paralizar calquera reforma regresiva, como a da lei de interrupción voluntaria do embarazo.
A Guarda a 25 de Febreiro 2012
Asd. José Antonio González Morais
No hay comentarios:
Publicar un comentario