6 de diciembre de 2011

¿CANDO TEREMOS DEMOCRACIA?



En vez da caminhar cara o futuro caminhamos cara o pasado, xa temos a ultradereita no poder, elixida polo pobo 20/11/2011,  que dende o meu punto de vista e un retroceso, pasamos ao ano 1939, algúns votantes da chusma xa choran polos recortes, e  cando o incompetente da frase histórica “son unos dos hilillos”,  sexa  presidente teremos o cristo montado. Se antes eramos pobres agora pasaremos a escravos.
Estamos a celebrar o día da mentira o día da Constitución, se a cidadanía reclamara súa aplicación estaríamos en “guerra”, dereito ao traballo, vivenda, xustiza, república etc....
Non é certo que na última modificación ditatorial da constitución diga o texto que ten límite de gasto nos orzamentos.
Se Espanha esta mal, para que temos como festivo o día da Constitución, mellor sería ir a traballar estamos en crise ou estamos de ferias.

No pasado fin de semana todos queriamos que ganharan os tenistas de elite,  deunos tristura os comentarios dos “periodistas, ex tenista” que son incapaces de narrar  que Nadal non esta no seu mellor momento de forma, que esta perseguido polos vampiros,(Parécenos ben  estamos ata os collóns do fraude deportivo, os milagres non existen e un burro non corre mais que un cabalo), o mellor é amigo da vampiresa Marta Domínguez que é unha vergonha para o atletismo espanhol. Os comentarios daban noxo para algúns poden ser tópicos para nos manipulación informativa. ¿Que cidadán é capaz de afirmar que a información,xustiza,..etc, é xusta, imparcial....?  
Venden fume e Nadal non representa os valores éticos do deporte.
O rei  acude a final da DAVIS para saír na foto  e tratar de que o vasco quede en segundo plano, cando tódolos indicios din que é un presunto delincuente económico de 1ª categoría. ¿Funcionará a Xustiza? ¿Entregará tódolos cartos que ten en paraísos fiscais? ¿Esta asesorado polo rei?
Este fin de semana a cultura Guardesa MÚSICA, celebrouse na igrexa guardesa, non é a primeira vez xa o sabemos,  e  nos preguntamos ¿Para que temos un centro cultural? ¿Para que temos os pavillóns escolares?
A dereita que dirixe o concello guardés PSOE é incapaz de cumprir a Lei e pomos como exemplo a Lei da memoria Republicana conhecida como Lei da Memoria Histórica, non é capaz de cumprir as sentencias dos Xuíces.

¿Isto que é?  DEMOCRACIA ou BARBARIE

Asd. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario