18 de noviembre de 2011

FORO DEBATE DE ESQUERDA UNIDA EN A GUARDA


Facendo un resumen do foro, debate de Esquerda Unida dicimos que esta prexudicada por:

Falta de cultura política da cidadanía – Lei Dont – os informativos , prensa, erros propios.

Recentemente o debate entre o PP e PSOE foi unha tomadura de pelo a cidadanía. O Debate foi pactado e dirixido a Bruxelas entre os dos aspirantes a presidentes do goberno de Espanha e non aos ciudadanos que esperan respostas, e novidades. Dixeron que o problema e dos mercados. O remate foi unha burla festa nas sedes, como se celebraran a vitoria. ¿Habían ganhado as eleccións?.

O debate realizouse en TV privada ¿Para que temos a pública? Estamos ante partidos e políticas intervencionistas, os demais partidos políticos non contan.

Quedou demostrado que a cidadanía non conta para nada (só para votar), e os exemplos recentes son: presidentes dimitidos polo capital, presidentes “non políticos” colocado polo capital, isto é un feito gravísimo ¿Para que as votacións? Estamos en ditadura encuberta.

Dende EU décimos que estamos ante o fracaso da Europa dividida , da produción, da distribución, da democracia, o fracaso político que é o mesmo que fracaso do capital.

A cidadanía temos: que pagar e sufrir para salvar a banca, vivir con medo e incertidume, temos que vivir con austeridade, en resumen cada día mais pobres.

No debate barbarie (PP – PSOE) non falaron de:
Europa – Dereitos Humanos - Corrupción – Enerxía nuclear – Traspase da auga – Agricultura – Pesca – Transporte - Estatutos históricos e autonómicos – Memoria Republicana/Histórica - Carestía da vida – Administración de costas a cidadanía – Terrorismo de estados – Subida de impostos directos e indirectos – Contra reforma laboral – Reforma da constitución, ¿Como se paga e canto tardaremos en pagar o 165% da débeda privada e o 70% da débeda pública....etc.

En Galicia pódense facer recortes en:
Eliminación de dous aeroportos, Deputacións, Asesores políticos, subvencións a empresas.....etc

Na Guarda xa temos recortes e pre avisos de recortes exemplo o Colexio San Xerome

APOSTAMOS BASICAMENTE:

Pola defensa dos dereitos humanos e dos pobos
Por unha economía social europea
Socialización dos salarios, da auga, alimentación
Taxa Tobín, impostos aos cartos circulantes polo ar.
Creación dun banco público en Espanha
Crear 3.000.000 de postos de traballo.
Apostamos por I+D+I


Algúns asistentes propuxeron:
Que as declaración de bens e patrimonio dos políticos (Alcaldes- parlamentarios autonómicos e nacionais, senadores sexan por unidade familiar.
Lei sobre o fraude político e modificación do Código Penal
Impostos as mercancías pola deslocalización das empresas
Eliminar as subcontratas
Apostar pola banca alternativa actual

Votar PP - PSOE e Nacionalistas e votar pola DEREITA e ULTRADEREITA será o voto para realizar política do despido gratuíto, votar pola pobreza, voto pola falsa democracia.

A Guarda a 18 de novembro do ano 2011.

Asd. José Ant. González Morais.




No hay comentarios:

Publicar un comentario