MARCELINO PRESENTE
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Estamos no 1º aniversario da morte do sindicalista de CCOO, Marcelino Camacho, dirixente obreiro e comunista, defensor da liberdade e dos dereitos dos traballadores, dedicou toda a súa vida á conquista dunha sociedade máis xusta e solidaria. Tanto na guerra, no exilio, na ditadura e na liberdade sempre loitou xunto aos traballadores. Foi un dos fundadores de CCOO na clandestinidade e, por iso, en 1967, detivérono no chamado “Proceso 1001” onde o condenaron a 20 anos de prisión. Saíu en 1975 por un indulto real, aínda que despois volveríano a deter. O 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral de CCOO, organización sindical que dirixiu até 1987. En 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista, escano ao que renunciaría dous anos despois para evitar o conflito entre a disciplina de voto do partido e a súa fidelidade aos intereses das traballadores. Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN de 1986 e nas estudantís do curso 86/87. Marcelino Camacho foi o líder sindical máis importante do século XX en España e un referente fundamental no movemento obreiro. A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa dos traballadores e traballadoras Polo exposto,
Dende esquerda Unida solicitamos:
Que o Concello faga os tramites pertinentes para que na Guarda unha rúa ou praza leve o nome de Marcelino Camacho.Esquerda Unida propón que sexa dende a praza da República ata o cruceiro de Xestas.Que se de traslado do acordo ao Sindicato Comisións Obreiras así como á familia de Marcelino Camacho para o seu conhecemento.
A Guarda a 31 de outubro do ano 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario