10 de octubre de 2011

REPOSICIÓN DAS PLACAS DE BRONCE

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

REPOSICIÓN DAS PLACAS DE BRONCE

LIMPEZA DOS XARDÍNS DOMINGO DE GUZMÁN

Moita inauguración a bombo e platillo no irmandamento protocolar dos concellos de Santo Domingo e A Guarda, a día de hoxe os arredores da rúa antes mencionada, xardíns onde se atopa o monumento Praza Sto. Domingo de Guzmán encóntranse en pleno abandono.

Esta rúa e frecuentada por cidadáns que pasean polo entorno e algúns levan súas mascotas a facer súas necesidades, e os donos non recollen as deposicións.

Ademais dos desperfectos a causa do total abandono e deixadez do concello, recentemente foi arrancada as placas de bronce; dende EU nos preguntamos ¿Estas placas están pagadas na súa totalidade? ¿Será por culpa dun residente guardés que ten algo que ver co pobo de Duarte?

O concello ten a obriga de repor as placas e sería lóxico, coherente que no texto non figurara os nomes Roberto Salcedo e José Luís Alonso.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Saber quen paga o alumeado Público da rúa e praza Domingo de Guzmán.

Que o concello reponha as placas que faltan e non figuren os nomes dos presidentes dos concellos antes descritos.

Que os xardíns desta rúa e praza estean acondicionados.


A Guarda a 10 de Outubro 2011.

Asd. José Ant. González Morais.

1 comentario:

  1. ¿Porqué no se lle da saida en duas direccions a esa Rúa? Si fose así seguramente moitos Veciños e Veciñas pasearíamos máis por ela e quizáis estaría más vixilida e limpa.Moito salir na foto sonrientes cando viñeron as Autoridades Dominicanas pero logo cando marcharon ... todo sigue igual ... abandonada e con porquería de abondo.
    Así é a realidade da ésta Rúa e de ésta Praza.
    O dí Toñito o de Quisqueya.

    ResponderEliminar