15 de septiembre de 2011

VIGO TEN UNHA CRUZ GAMADA Á BEIRA DO CONCELLO

Antonio Monroy comenzou o acto  leendo algúns correos enviados por diferentes organizacións.


Gustavo Luca de Tena leendo o manifesto.
VIGO TEN UNHA CRUZ GAMADA Á BEIRA DO CONCELLO

Desconfíen do valor de cruz cristiana que algúns oportunistas queren darlle: os que levantaron este monumento hai 50 anos, explican con radical claridade o que pretendían simbolizar. Non deixaron nin sobra de dúbida de que exaltaban a vitoria pola forza contra os dereitos e as liberdades democráticas, a licenza para a eliminación física do adversario; de que celebraban con este emblema o privilexio, o século de Galicia e a negación da súa identidade nacional, a exclusiva da representación da minoría, sen lle recoñecer á maioría o dereito a ser consultada.

Chantárona en homenaxe á censura e ao secuestro da información.

Unha cruz para ensalzar o terrorismo, entendido como dereito de tirarlle a vida aos homes e mulleres que non pensaren coma eles, e prolongando aínda como prerrogativa para condear aos familiares dos matados ao ostracismo social, a exclusión. Ao exilio, a marxinación estigmática, de maneira que o castigo non rematase coa vida espiada.

Por iso a chamamos cruz gamada.

As organizacións e as persoas que subscribimos esta convocatoria, reclamamos a desaparición deste infame monumento que ofende á cidade á beira do seu máis alto símbolo de goberno democrático como é o concello.

Ao cabo de catro anos de vigor dunha Lei da Memoria Histórica (Memoria Republicana), insuficiente pero imprescindible, non pode haber razóns que impidan a retirada do símbolo fascista. Coa Lei na man, o Concello ten facultade soberana para borrar o mausoleo da Ditadura. O alcalde señor Caballero Álvarez, ten a obriga de defender a Democracia e non debe demorar máis a atención a esta demanda, expresada repetidamente pola cidadanía.

Derrubemos a cruz gamada.

FOTOS DO ACTO
Telmo Comesaña e Antonio Monroy pondose de acordo antes de comenzar o acto.
Camaradas saudandose

Achegandose ao acto

Camardas falando antes de comenzar o acto


Público

Público


Público





Público
Artistas

Cantando o himno Galego.

COMENTARIO

Mais de 500 persoas déronse cita (14/09/2011) debaixo da cruz de O Castro para reclamar súa retirada en un acto moi ben organizado e rápido, só   contaba con 45´de tempo, organizado por la Asociación por la Memoria Histórica e varios colectivos minoritarios. Bandeiras galegas, republicanas, comunistas, feministas todas xuntas na subida do Castro ante a “cruz gamada”, entre os asistentes o escritor D. Xesús Alonso Montero, o mestre Antonio Monroy e Telmo Comesaña, os dous dirixentes do colectivo que organizou o acto. O periodista Gustavo Luca de Tena, foi o elegido para ler o manifesto no que se pide o derribo de la “cruz gamada” de O Castro.

 
Vigo a 14 de setembro do ano 2011.
José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario