Foto para: OMIX.
Compromiso de calidade turística: dí o "Gobernillo Municipal".
Tamén que saia en EURONEWS TV chanel.
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
RETIRADA DO RECIPIENTE DE ACEITE DA PRAZA DA REPÚBLICA
Da noxo ver como na praza da República e xunto a estación marítima de Camposancos, esquina do peirao e a mesma beira da praia temos un contenedor de aceite, e diferentes tipos de botes bidóns etc.
Dende Esquerda Unida décimos que non é o lugar axeitado, e non sabemos as razóns polas que o concello e o seu responsable de medioambiente non fai nada por mellorar esta situación esperpéntica.
Nas arredores non existe ningún taller mecánico, asteleiros e demais son os responsables de ter contenedores propios, do concello, e recoller todo tipo de lixo que se produce dentro dos seus recintos.
¿Que fai o vixiante e responsable de portos?,
Dende Esquerda Unida solicitamos:
A retirada do contenedor de aceite e demais recipientes da zona mencionada.
Que se coloque nun lugar mais axeitado e discreto.
A Guarda a 20 de setembro do ano 2011. Asd. José Antonio González Morais.
E un atractivo turístico máis pra que os veciños e visitantes deleiten a sua vista...
ResponderEliminarO dí Toñito o de Quisqueya.