29 de agosto de 2011

LIMPEZA, FUNCIONAMENTO DA FONTE ROLLO

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

LIMPEZA DA FONTE DO ROLLO

Que o gobernillo da Guarda so se preocupa dos sueldinhos, recalificar ilegalidades, incumprir a Lei, propaganda clientelar, permitir rúa privada, etc..., non é nada novo.

No centro da Guarda na rúa Concepción Arenal temos unha fonte que se chama Rollo, fonte que no seu día foi desprazada do seu lugar de orixe.
Se calquera vecinho ou visitante entra a visitar a fonte decatase que esta nun barrio marxinal, os senhores que forman o gobernillo Local son incapaces de ter o pobo limpo, e coidar o patrimonio local.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Limpeza e posta en marcha da fonte do Rollo.

A Guarda a 29 de agosto 2011.


Fonte Rollo para algúns Fonte da Vila

No hay comentarios:

Publicar un comentario