DOMINGO 31/07/2011
ORGANIZADO POLO CLUB C.T. CODESAL
RESPONSABLES DO OPEN CODESAL 2011
Elias - Guillermo - Fabian
Os mellores tenistas do Pais estiveron no C.T. Codesal.
Público presenciando a final do Open
FINALISTAS VETERANOS JUNIOR
Fernando Pablos Benavides e Juan Outeiriño
No comenzo do partido Juan Outeiriño non se adaptou ao vento de través, típico na ribeira do Codesal, entrou na pista un pouco tenso e Juan totalmente relaxado. O ganhador foi Juan Outeiriño que se impuxo por 6/0-5/7-2/6, Benavides fallou golpes decisivos o que lle costou o segundo set, ao final Juan soltouse e se impuxo con facilidade no terceiro set.
FINALISTAS XUNTO O XUIZ ARBITRO
Cristian González, Jaime Catoira e Fabian Gutiérrez.
O partido comezou as 7 da tarde con unha boa asistencia de público no Club Tenis Codesal. O partido foi disputado polos dous xogadores que deron espectáculo sendo un partido típico de pista rápida, no que o golpe mais efectivo foi o saque. O primeiro set foi para Cristian en morte súbita (Tie brek), o segundo set para Jaime que rompeu o servizo no 8º xogo e Cristian pudo equilibrar este set.
No definitivo set Jaime xoga con agresividade e súa ansiedade fixo que cometese mais erros do debido. Xusto vencedor Cristian que ganha o Dezanove Open C.T. Codesal por primeira vez.
Domingo 31 de xullo 2011ENTREGA DE PREMIOS
Foi realizada polos empregadaos do Club Fina e Fabian, e responsable do Open Guillermo García.
MAIS INFORMACIÓN: tenis@ctcodesal.com
SÁBADO 29/7/2011
Público antes de comenzar as semifinais de tenis
SEMIFINALISTAS VETERANOS JUNIOR
Florentino Pérez e Fernando Pablos Benabides.
O partido foi pelexado ganhando Fernando por 5/7-6/0-6/3, Florentino, relaxouse no segundo set, e no terceiro non pudo ca variedade e colocación dos golpes de Fernando.
SEMIFINALISTAS
Cristian González e Roberto Rodríguez
A xuventude impuxose a veteranía e Cristian ganhou por 1/6-6/2-7/6, este partido foi xogado con valentía e os dous xogadores realizaron un interesante partido de tenis, e se resolveu na morte súbita (tie brek).
SEMIFINALISTAS
Miguel Casal e Jaime Catoira.
Sorpresa no Codesal igual que o anterior partido a xuventude impúxose a veteranía e Jaime ganhou a Miguel Casal,(Seis veces ganhador do Open Codesal). O respectable inclinouse polo xogo e agresividade de Jaime. O resultado foi 2/6-7/6-6/4, Jaime sempre xogou ao límite das súas posibilidades e no primeiro set non tivo demasia da sorte, e pouco a pouco Jaime deuse conta que podía ganhar a Miguel Casal, tras recuperar a confianza que se necesita para poder ganhar partidos.
O domingo pola tarde presentase unha xornada moi interesante de tenis, e todos desexamos que sexan moi igualados.
Sábado 30 de xullo 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario