O lóxico sería que estiveran soterrados
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
QUE EN TÓDOLOS LUGARES DE RECOLLIDA DE LIXO SE INSTALE RECIPIENTES PARA DEPOSITAR AS PILAS E ACEITES.
O concelleiro de patrimonio, medio ambiente na lexislatura pasada pasou como a maioría dos seus companheiros de goberno guardés ausente das súas responsabilidades.
Exemplo para depositar pilas
O concelleiro de patrimonio, medio ambiente na lexislatura pasada pasou como a maioría dos seus companheiros de goberno guardés ausente das súas responsabilidades.
En moitas zonas do Concello os fins de semana os contenedores de lixo están cheos e os cidadáns deixan as bolsas no chan.
Temos moitas zonas que os contenedores de lixo están mal ubicados e pomos como exemplo os situados preto da Alameda, Solanas, Camposancos preto da igrexa.....
En tódolos puntos carecemos de contenedores para pilas, baterías de móbiles e para aceite doméstico.
Estudos realizados aseguran que un só litro de este produto pode contaminar 1000 litros de auga, en todos os fogares xenéranse cada día, restos de aceite vexetal que na maioría se botan polo fregadeiro de cada casa e cando chegan as esterqueiras, este dificulta un bo funcionamento. ¿Pregunte aos traballadores os problemas que causa?
Por debaixo dá esterqueira xa temos os primeiros cambios marinhos, Sr., responsable de medio ambiente ¿Cales son as causas de que aconteza a morte da fauna marinha, desaparición de peixe, moluscos etc.? ¿Cal é a causa dos vertidos esporádicos?
Aprobeite estes catro anos para facer algo útil.
O lóxico sería que estiveran soterrados
Dende Esquerda Unida solicitamos:
Que o concelleiro impulse un plan gratuíto para mellorar a recollida de pilas e aceite vexetal.
Que en tódolos lugares se instale contenedores para a recollida de pilas e aceite.
Que o concelleiro impulse un plan para mellorar a situación ou minimizar o impacto visual das zonas mais transitadas.
A Guarda a 07 de xullo 2011
Asd. José Antonio González Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario